13/2/09
Cultivo "in vitro" en castiñeiro
Información sacada das Xornadas do castiñeiro. Ponencia de Margarita Fraga. (Cultigar)
12/2/09
Plantas carnívoras
A mitoloxía popular e o ocultismo levan séculos facendo soñar a xente con plantas tenebrosas, xigantes do reino vexetal ,provistas de tentáculos e dentes de tiburón… capaces de devorar a varios homes o mesmo tempo. Son as plantas carnívoras, que de xeito natural medraban entre as brumas e lodazais de encoros e bosques misteriosos afastados do trans
ito humano. A súa situación espacial alimentou aínda mais as lendas.
Estas crenzas fantásticas non fixeron outra cousa que perxudicar , aínda mais se cabe, a enorme fraxilidade de supervivencia destas curiosas plantas. Na Idade Media, cando aínda eran medianamente abundantes, infundían tanto medo polas lendas que se escoitaban, que comezou a destrución de numerosísimas especies, que en nada perxudicaban o home (senón o contrario, pois ademais de alimentarse de certos insectos, algunhas como a drosera teñen propiedades medicinais). Hoxe en dia moitas especies atópanse en perigo de extinción, e o mesmo ocorre cos hábitats nos que viven.
En xeral as plantas carnívoras son de pequeno tamaño, insignificantes comparado co que soemos imaxinar… Son capaces de vivir en chans moi pobres en nutrintes e acedos, xa que teñen adquirido, no curso da evolución as facultades de atraer, capturar e dixerir animais , obtendo así os nutrintes necesarios. As súas presas nunca son de gran tamaño, comen principalmente formigas, moscas, bolboretas e outros insectos.
Algunha especie (do xénero Nepenthes) e capaz de capturar pequenos ratonciños, rás arbóreas… Outra (do xénero Utricularia) pode capturar peixes pequenos…
Pero ¿como o conseguen?
Pois as carnívoras idearon inxeniosamente, autenticas trampas de captura, moi diversas dependendo da especie. Algunhas se pechan como un resorte cando o insecto as toca (Dionaea), outras succionan auga e cómense os bichiños que van nela(Utricularia). Plantas con tentáculos adhesivos (Drosera), ou con trampas xarro ou funil onde a presa se afoga…
Aínda que non lles chegaba con isto, senón que antes tiñan que atraer ó insecto. Para isto lograron emitir cheiros característicos (moitas veces a prodredume), producir mais néctar, expoñer brilantes cores ou superficies transparentes, descompoñer a luz do espectro solar nas gotas do mucílago (sustancia que segregan) semellando ó rocio da mañá…
Existen numerosas especies de plantas carnívoras, aproximadamente unas 500, aínda que moitas delas están moi pouca estudadas e son practicamente descoñecidas .
Anteriormente fíxenvos unha presentación con algunhas delas; aínda que as máis comúns e coñecidas nas floristerías españolas son só tres:
A Venus atrapamoscas
,(Dionaea musc
ipula): É a máis estendida.O extremo das súas follas ábrese e péchase, atrae ó insecto co seu néctar doce e cando éste se posa, pecha as súas follas; os pinchos do borde da folla impiden ó insecto saír e é absorbido polas encimas dixestivas da planta.
Igual funcionan as demais, de aí obteñen os nutrientes necesarios para vivir, co cal esquecemonos de abonos, estas plantas non os necesitan.
O sustrato debe ser máis acedo do normal e necesita moita humidade, non esquezamos que o seu hábitat natural son pantanos e fangos.
Para a rega mellor cun plato baixo a maceta e con auga destilada, o exceso de calcio pode matar a nosa planta carnívora, require humidade constante no seu sustrato.
Aguantan temperaturas baixas, entre 0º e 20º C, pero tamén lles gusta o quentiño. Agradecen o sol. Moita luz e humidade constante lles irá perfecto.
Ah! E non forzar a súa alimentación nin intentar enganar á planta con algo que non “cazara” ela mesma.
Outras variedades comúns que se comercializan en floristería son a:
Drosera: A famosa atrapamoscas ou herba da gota, posúe pequenos tentaculos dispersos pólas grandes follas, de cor vermello brilante reflectinte a luz, que a vez que atraen as presas,con
seguen reter as capturadas grazas as sustancias pegañentas que teñen e posteriormente dixerilas.
E a Sarraceni
a: Que ten follas en forma de trompeta; O insecto cae ó seu interior atraído pola polo cheiro do néctar que produce, así como polas cores vivas e chamativa
s da planta, e alí o non poder saír é absorbido polos xugos dixestivos.
Esta ultima, tamén chamada planta-trompeta é moi doada de cultivar e chega a durar varios anos.
Moitas das fotos foron sacadas o verán pasado no Xardín Botánico de Madrid, que vale a pena ir visitar.
11/2/09
Viforsa como productor ornamental
As especies ornamentais que posúen en maior volume son: Buxus, Thuja, Juniperus, Azalea, camellia, moitas variedades de Leylandii, Photinia, etc. Neste viveiro intentan ter moita variedade de cada especie, aínda que son conscientes que con esta forma de producir complican moito a xestión do viveiro.
Hai especies que compran en pequeno e que logo venden en grande. Outras son producidas por eles mesmos.
Dependendo da especie os esgallos vannos facer nunha época ou outra, así por exemplo na Thuja os esgallos soen facelos en inverno e na Photinia a finais do verán ou principios do outono, dependendo do tempo que faga e de como estén os esgallos, xa que deben mirar que a madeira destes non esté nin moi dura nin moi branda. Méteno en hormonas líquidas mezclada con auga durante 2 segundos e introduceno nunha bandexa con un substrato composto por area, turba e corteza de pino. As bandexas colócanas nunha mesa nun invernadoiro que ten rego por aspersión. Nas mesas sobre as que poñen as bandexas cos esgallos, tiñan perlita, pero debido a un problema que teñen coas raíces, agora están experimentando a poñer malla en lugar de perlita para ver se non botan tantas raíces.
Nas imaxes que vos presento podedes observar que os esgallos de camelia teñen as follas cortadas, iso fanno para evitar que se toquen entre si, evitando así pudricións e para evitar a transpiración.
Actualmente tamén están experimentando a facer esgallos de kiwi.
En canto a instalacións teñen: invernadoiros, unha superficie de terreo (onde teñen a planta)rodeado por thujas para que lle fagan de cortaventos e unha balsa.
10/2/09
Plantas por San Valentín
Tendo en conta que se está achegando unha data tan sinalada como San Valentín,deixando de lado o mítico ramo de rosas vermellas propoñovos tres alternativas para regalar neste día:
É das bulbosas mais fáciles de forzar.
Guzmania minor
Referíndome ó traballo de plantas de interior, eu vouvos falar da Guzmania minor, Ficus elastica e a Schummbergera.Hoxe só vos cometar sobre a Guzmania, seguirei cas outras en vindeiros posts.
- Familia: Bromeliaceae
- Nome científico: Guzmania minor
- Nome común: Guzmania
- Características:
As súas follas son estreitas, punzantes, de cor verde claro, dispostas en roseta. As flores blanquecinas son insignificantes. As soberbias brácteas son dun vermello brillante en cultivar "RED", de cor amarelo_laranxa no cultivar "ORANGE".

- Técnicas de cultivo:
- Consellos para unha boa conservación da pranta:

As plantas xóvenes hai que regalas regularmente, a pequenas dosis, na raíz e nas rosetas. En inverno, debe limitarselles a rega. As guzmanias prosperan baixo a luz tamizada e, en verán, en semisombra. Unha vez aclimatadas, soportan durante un tempo tanto o sol direto como unha sombra densa. As prantas máis vellas non sofren co aire seco dos locais con calefacción central. Engada, de marzo a outrubro e en novembro, unha solución de abono completo concentrada ó 0.1 %.
9/2/09
Plantas de temporada
Antes das vacacións de Nadal colgara un post sobre a información que me deran na Floristería do Agro, en Arzúa, pero quedaranme cousas sen comentar. Síntoo moito pero por unha serie de motivos non puiden ofrecérvola antes pero creo que o debo facer aínda que só sexa pola atención que alí me prestaron, e tamén porque virán novos Nadais e nunca está demais saber con antelación que plantas de temporada se poden atopar nesa época. Algunhas das plantas que vos vou mencionar aínda se poden atopar agora á venta, como o ciclamen (Cyclamen persicum) que é unha planta de exterior moi vistosa e bastante resistente, azaleas (Azalea spp.), pensamentos (Viola tricolor), amarilis (Hippeastrum spp.) e azafráns (Crocus spp.).Comentárame tamén que e na época de Nadal comercializase moito o Pinsapo (Abies pinsapo) tanto plantado como cortado para facer traballos de nadal. Non se permite a venta de acevo (Ilex aquifolium) nin de musgo . Outra planta que podemos atopar e o Cactus de Nadal (Schlumbergera truncata = Zygocactus truncatus) que florece por esas datas, as súas flores poden se rosas, roxas ou brancas (é moi confundida coa Rhipsalidopsis)
Espero que vos sirva de axuda esta información sobre estas plantas de temporada.
Viveralia
Celebrouse no Palacio ferial en Alicante, e de ámbito nacional e con esta xa van 6 convocatorias, converténdose nunha das citas de maior relevencia no sector hortofrutícola de España.
Acolleu a diversos sectores ,viveiros; equipamento de xardíns; productoras de sementes; servicios e sistemas relacionados ca xardinería; planta ornamental; rego; envases e contenedores; abonos; pedra artificial e maquinaria de viveiro.
A feira contou con máis de 5000 visitantes e 150 expositores nunha superficie de 11000m2
Viveralia vai dirixida solo o sector profesional .
O Pino de Zas
O outro día día durante a miña xornada de traballo atopei nas proximidades do concello de Zas ,algo que me sorprendeu bastante .
Estou a falar de un P.pinaster que está a medrar no piso de un casa en ruinas , si tal como ledes, ahí tendes un señor pino que deberá de ter un 6-8 anos , todo bonito , medra dereitiño , sen ningunha curvatura no seu fuste e ademáis está acompañado de sotobosque , toxos e xestas .
Estiven pensando de trepar para verlle as raíces pero non me atrevín por ser unha propiedade privada , non fora ser que me chamaran a atención .
Deixovos as fotos para que o comprobedes vos mesmos , non están trucadas e podedes ver que debaixo do piso esta o vacio e vense as vigas da placa.
Supoño que medraría a partires dunha semente que veu polo aire e foi parar o solo do piso.
A nai naturaza coma sempre sorpréndenos .
5/2/09
A flor cadáver
A última floración produciuse no 2003, obtendo 500 bayas . O centro quedou con 40 e distribuiu o resto a outros xardíns botánicos co fin de seguir investigando.
Ademais de Holanda e Bélxica, outros países investigan e cultivan exemplares de este curiosa especie: Nova York , Sttuggart e Bonn (Alemaña), Bogor (Indonesia), Sidney (Australia).
Viveiro Ortigueira.
Un invernadoiro.
Unha parcela de sombreado.
Unha parcela de almacenaxe de planta.
Unha nave para almacenaxe de materiais e ferramentas.
Unha oficina.
Os 2 anos pasan as plantas a parcela de almacenamento que tamén vale de exposición listas para saír o mercado.


