Mostrando entradas con la etiqueta Fin de curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fin de curso. Mostrar todas las entradas

20/3/12

Remata un novo curso

0 comentarios

Para o alumnado de 2º de ciclo superior remata a estancia no centro e agora comenza a fase de prácticas en empresa, por suposto outra nova experiencia e eu quero despedirme dende aquí de todos vós, puidemos traballar máis e posiblemente mellor, pero o caso é que traballamos duro (uns máis que outros claro) pero creo que foi unha boa experiencia...
¡Quen os ía dicir a comenzos de curso que fariades tan bos traballos e os publicaríades neste blog!... pero xa vedes que non é tan complicado que todo é poñerse, algún ata lle colleu o gustillo e creou o seu propio blog de recompilación de información sobre o traballo que había que facer de cultivo in vitro e segundo me contaron tamén o fixo noutras materias....
Ao final todos lográstedes facer un montón de cousas, teño que dicirvos que algunhas me sorprenderon moi gratamente do ben feitas que están (a realización de catálogos pareceume sinxelamente xenial) ...
Deixovos con este flash sobre os traballos realizados que espero vos guste e ata o ano que ven (cando queirades pasade de visita que vos estaremos esperando) si e que vos apetece vernos.
A todos e todas quero darvos as grazas polo moito que aprendín con vós e de vós. VEMONOOOSSSSSSSresumo traballos alumnos
View more presentations or Upload your own.

ATA O CURSO QUE VEN, VÉMONOS EN SETEMBRO

22/4/09

Boa viaxe e boa sorte!!!

3 comentarios

Con mis maestros he aprendido mucho; con mis colegas, más; con mis alumnos todavía más. (Proverbio Indú)

Hoxe, e despois duns días, nos que xa rematou o curso, xa se fixeron os exames, xa tedes as notas e estades a facer prácticas en empresa, decido PECHAR este blog, non sei si definitivamente, ou si o retomaremos o curso que ven con novos alumnos, ou si nos mergullaremos noutras ferramentas ...iso non o teño aínda claro, pero si quería pechar unha experiencia que foi marabillosa, e apetecíame facelo dándovos a vos, ós meus alumnos e alumnas, un digno final para un traballo fantástico. Gustaríame despedirme de vós contándovos a miña experiencia con este EXPERIMENTO que levamos a cabo de forma conxunta:
  • Dicirvos que foi un pracer traballar conxuntamente con vós.
  • Que aprendín tanto de vós!!! que non teño máis que darvos as grazas.
  • Que estivo xenial o experimentar novos derroteiros na miña forma de ensinar, cunha xente tan fantástica que merece todos o meu respecto e consideración.
  • Que fixéstedes un traballo duro, pero creo que mereceu a pena.
  • Que me encantou que protestarades, cando o considerastes oportuno, dunha forma tan respectuosa, pero facendo valer a vosa opinión (nunca esquezades isto, as formas son moi importantes si se quere ter razón).
  • Que vou botar en falta os desánimos de Sandra, os artigos "especiais" de Xosé Manuel, o bo facer sempre serio de Julio, a timidez de Rocío T, a frescura e as ideas claras e comprometidas de Rocío G., as protestas porque non lle sae o que quere de Rocío S, a seriedade e paciencia de Manuel, as ocorrencias xeniais de Amable, o sorriso pícaro de Fran, e as parrafeadas consigo mesma de Natalia como si estivese soa na clase.... e ata a Juan que aínda que non tiña este módulo, invitámolo a participar pero só nos deu ánimo dende fora do rodo (OS ÁNIMOS TAMÉN AXUDAN) e a Marta que comezou neste proxecto aínda que o deixou pronto, esperemos que o retome con novas ilusións.
MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS.
FOI UN AUTÉNTICO PRACER.


SORTE NA NOVA ETAPA QUE INICIADES, ESPERO QUE O MUNDO LABORAL SEXA BENÉVOLO E VOS DE A OPORTUNIDADE QUE MERECEDES. ¡¡¡¡BOA VIAXE!!!

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks