26/12/08
O muérdago
Seguindo ós meus compañeiros eu tamén vos vou falar das plantas de nadal, pero neste caso en concreto só vos vou mencionar unha delas. É o muérdago (Viscum ssp.). Decidinme por esta porque a pesares de estar actualmente considerada planta de nadal eu aínda nunca a vira a vender, ata o outro día que a vin no hipermercado Carrefour nuns paquetiños de plástico e co estupendo prezo de 1,99€.
Estes paquetiños levan consigo unha etiqueta que pon o seguinte texto:
"El muérdago es considerado una planta mágica, símbolo de la paz, un poderoso amuleto protector de las casas y sus moradores. Proporciona suerte y amor eterno.
Según la tradición el muérdago se tiene que regalar y una vez en casa se ha de colocar cerca de la puerta de entrada para que no pasen los malos espíritus. Al año siguiente éste tiene que quemarse y sustituirse por uno nuevo que también tiene que ser regalado. Y así cada año."
Logo de ver e ler isto, investiguei un pouco sobre este tema e descubrin que o muérdago si está considerada unha planta máxica a cal ten moitas propiedades, entre elas: a de fins terapeúticos que está demostrado cientificamente que si funciona, sobre todo en pacientes con cancro; a de amor eterno, esta lenda di que se das un bico debaixo dun muérdago o amor perdura para sempre, esta propiedade non está demostrada; e por último sorte que é outra das propiedades que tampouco está demostrada.
Creo que debemos estar moi pendentes de como vai evolucionando esta planta nos mercados porque ó mellor dentro duns anos os productores de plantas ademais da flor de pascua (Euphorbia sp), do abeto (Abies sp) e moitas outras que xa teñen unha gran venta nestas datas, tamén van ter que dedicar un espazo a esta planta que por un lado é parásita pero por outro ten grandes valores mitolóxicos e curativos.
15/12/08
Plantas de Nadal
Esta chegando o Nadal,época propicia para a floración de moitas das plantas consideradas de Nadal propiamente.
Este tipo de plantas caracterizase por posuir flores brillantes, coloreadas que reflexan o tema real da celebración navideña .Aquí vos deixo algúns exemplos:
- AS ROSAS DE NADAL: Tamen coñecidas como A Neve ou A rosa do inverno. O nome Heleboro significa “alimento que mata” xa que é unha planta tóxica por inxestión .É unha planta nativa de Europa e Asia Menor ,vivaz ,de follaxe perenne que crece nas rexións montañosas dos Apeninos dos Carpatos e dos Alpes. É apreciada dende o punto de vista ornamental debido a súa vigorosa floración en épocas de frío,onde a maioría de especies se atopan en letargo,esta enchenos de beleza os nosos xardíns.
- O ACIVRO: É unhas das especies importantes navideñas o que fai que o emprego desmesurado desta arbore poña perigo a súa propia existencia : a especie está protexida pola ley e o seu comercio ou extración procedente de exemplares silvestres está prohibida. Como curiosidade: Según a tradición américana do Nadal, de estaren un mozo e unha moza debaixo da pola dun acivro deben bicarse.
- HEDRA: E unha especie botánica orixinaria dos bosques húmidos do oeste,o centro e o sur de Europa .E unha planta trepadora de folla perenne que simboliza o amor verdadeiro e a fidelidade tanto en matrimonio como en amizade.
- MUERDAGO: É unha planta que se asocia inconscientemente ó Nadal,o seu orixen remontase ó orixen pagano
- POINSETTIA: Esta é unha das plantas máis importantes do Nadal,orixinaria de México.Existen varias lendas e historias relacionadas ca flor. O primeiro embaixador de México, Joel Poinsett trouxo as plantas de América en 1828. Os mexicanos no siglo XVIII pensaron que as plantas eran simbólicas da Estrela de Belén,por tanto,a Poinsettia asociouse coa estación do Nadal.
13/12/08
Poinsetia

11/12/08
Flor de pascua
Nas fechas nas que nos atopamos un dos símbolos mais típicos do Nadal aparte dos Abetos e milleiros de luces pola rúas son as flores de Páscua ou Poinsetia (Euphorbia Pulcherrima). Esta planta nestas datas é cando adquire o seu maior esplendor, grazas á floración que lle proporciona un vermello intenso, ideal para lograr unha perfecta ambientación de Nadal nas casas e como regalo no mes de decembro .É unha planta de interior de orixe mexicano( Oaxaca e Chiapas) que se pode conservar durante varios anos. Sen embargo, en España é frecuente que, tras a floración do Nadal se bote a perder debido que descoñecemos como coidala.
Finalmente sinalar que a flor de Pascua debese podar en primavera, cando a planta xa non ten follas. Neste proceso débense deixar os tallos con unha medida de entre 6 e 8 cm. e suspender o rego até que saian as novas follas.
Fonte infojardin
10/12/08
Plantas de nadal
O pasado domingo fun a unha feira na que ademáis de roupa tamén se comercializan flores. En concreto falei cunha parexa que tiña un posto. Comentáronme que eles antes tiñan unha tenda que atendían pola semana e os fins de semana poñían o posto, pero que por problemas económicos tiveron que deixar a tenda e agora só venden nos mercadillos (non só os domingos).
Pregúnteilles cales eran as prantas que máis se comercializában nesta época de nadal, ás máis típicas, e comentáronme que con diferencia eran o Abies sp. (Abeto de nadal) e a Euphorbia, tanto a variedade vermella como a branca (Flor de Pascua). Tamén estaban a vender prímulas e ciclamens.
Non posúen viveiro propio, contan cun invernadoiro no que prodúcen algunhas plantas como os crisantemos, Euphorbia, e algúnhas plantas de temporada; pero o resto (Abetos, rosais, frutais...) encarganas a un viveiro. Como levan moito tempo neste mundiño das plantas saben máis ou menos a cantidade de planta que venden e ademáis as árbores soen traelas por encargo.
Comentáronme como reproducen eles as Euphorbia.
- Reprodúcenas por esqueixes collidos a finais da primavera. Cortan trozos non moi grandes (uns 10cm), elimínanlles as follas inferiores e impregnannlle a zona do corte con hormonas enraizantes. Plántanas en pequenas macetas individuais e colócanas no invernadoiro. Durante os primeiros días mantéñenas con gran humidade pulverizándoas, cobrenas cun plástico, e colócanlle unha luz intensa.
Aquí vos deixo algunhas fotos que quitei.
