11/12/08
Flor de pascua
Publicado por
xose calvo
Nas fechas nas que nos atopamos un dos símbolos mais típicos do Nadal aparte dos Abetos e milleiros de luces pola rúas son as flores de Páscua ou Poinsetia (Euphorbia Pulcherrima). Esta planta nestas datas é cando adquire o seu maior esplendor, grazas á floración que lle proporciona un vermello intenso, ideal para lograr unha perfecta ambientación de Nadal nas casas e como regalo no mes de decembro .
As follas da flor de Pascua son verde obscuro, aterciopeladas e cos bordes dentados. Estas combínanse con follas de outras cores, principalmente vermello, aínda que existen outras especies menos coñecidas de tons brancos, amarelos e rosados.
O que se identifica como a flor, pola súa forma de pétalos, son en realidade follas chamadas brácteas, que proporcionan o verdadeiro valor decorativo á planta.É unha planta de interior de orixe mexicano( Oaxaca e Chiapas) que se pode conservar durante varios anos. Sen embargo, en España é frecuente que, tras a floración do Nadal se bote a perder debido que descoñecemos como coidala.
A floración producese no intervalo que vai desde o mes de novembro até xaneiro, polo que se aproveita con fins decorativos nestas datas . Durante este proceso, a planta necesita abundante luz, xa que en ambientes secos ou de escasa iluminación comezaría a desprender as súas follas
Se se quere conservar a planta durante un período de tempo maior ó de Nadal a planta ten que estar situada nun lugar con temperaturas constantes, de entre 16 e 21 ºC, e que non reciba correntes de aire , sempre son mais aconsellables os lugares iluminados, sobre todo, no período de floración. En outono, inverno e primavera non importa o efecto do sol directo, en verán convén evitar o.Encanto ao rego, este debe de ser abundante o principio , pero coidando que a terra este seca antes de volvela a regar.
Outro dos coidados esenciais para conservar a súa beleza , é evitar rociar con auga as follas de cor vermello para que non se produzan manchas en elas e se decoloren.
Aínda que son plantas de interior, tras as datas do Nadal pódense trasplantar ao xardín ou a lugares onde non reciban excesiva luz solar, podendo chegar a formar un arbusto de até 5 m. , si se conservan nunha maceta, a súa altura máxima atopase en torno aos 50 cm.Finalmente sinalar que a flor de Pascua debese podar en primavera, cando a planta xa non ten follas. Neste proceso débense deixar os tallos con unha medida de entre 6 e 8 cm. e suspender o rego até que saian as novas follas.
Fonte infojardin
Etiquetas:
Euphorbia,
Plantas nadal
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario