Mostrando entradas con la etiqueta Sempervivum arachnoideum. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sempervivum arachnoideum. Mostrar todas las entradas
28/3/09
Planta araña
Publicado por
Anónimo
1 comentarios
Gustaríame ensinarvos unha planta que teño na casa e que me parece moi curiosa. Foi unha planta dada e ata fai pouco non lle sabía o nome, eu chamáballe a da tea de araña e agora verdes porque:
Como podedes ver parece que ten unha tea de araña enriba dela (a persoa que no la dou ó principio quitáballa pensando que era por iso ata que se deu conta de que a formaba a propia planta). Investigando en internet, o cal non me foi moi doado porque o único que sabía era como era pero non o nome, dei con ela. O seu nome común tiña referencia a tal característica: Sempreviva de arañas, Sempreviva de telarañas; polo tanto eu non estaba tan enganada no seu nome. Cientificamente denomínase Sempervivum arachnoideum (xénero: Sempervivum).
Outra curiosidade a destacar dela e a súa forma de reproducirse. Cada roseta propagase lateralmente por renovables, estes caen despois ó chan e comezan a medrar de forma independente . Tamén o pode facer sexualmente polas súas diminutas sementes pero ás miñas aínda non lles saíu nunca a flor (porque tardan varios anos en sairlle).
Nas seguintes fotos da miña planta pódese ver claramente tanto as súas características morfolóxicas como a súa forma de reprodución asexual, ambas características parécenme moi curiosas e sorprendentes.
Etiquetas:
Sempervivum arachnoideum
Suscribirse a:
Entradas (Atom)