24/2/10
INVERNADOIROS
Neste post vamos dar unhas pequenas pinceladas a construcción dos invernadoiros, sobre todo as empresas que se dedican a construcción deles e que temos hoxe en dia na nosa comunidade.
Actualmente en Galicia existen 11 empresas que se dedican a construcción destas infraestruturas repartidas da seguinte maneira (a información foi buscada en internet, paxinas Galegas e paxinas Amarelas):
- A Coruña (2): Invernadoiros Trigo e Fertri.
- Lugo (1): Invernadoiros Horta Piñeira.
- Ourense (1): Invernadoiros Xardín da Limia.
- Pontevedra (7) : Invernadoiros Eiras e Iglesia S.l., Promoinver Galicia S.l., Hotalizas Bacelo S.l., Inversalnes, Industrias Santos, Viveiro Planthor e Inver-Triñaf S.l.
Os dous primeiros son da Provincia de A Coruña e o último da Provincia de Pontevedra.
Neste Picture Trail podemos ver diversas estructuras de invernadoiros e equipos que instalan estas empresas.
23/2/10
INVERNADOIROS DE ÚLTIMA XERACIÓN
Construcción de invernadeiros de última xeración en Colombia con tecnoloxia Española. A continuación mostrovos a tecnoloxia punta coa cal esta construido o seguiente invernadoiro, nel a corporación CORPOICA construiu varior invernadoiros.Mediante un sistema Español "ciberhause" que mediante un ordenador controla todos os mecanismos, que controlan a temperatura, a ventilación, a malla térmica, sistema de rega.
O invernadoiro ten un diseño abobedado máis alto do normal para favorecer a ventilación, usa dous tipos de plastico un de calibre 6 e outro con filtro VE, que nos permite ganar 2 grados de temperatura .
18/1/10
¿Invernadoiros de plástico ou de vidreo?
Con este post pretendo dar a entender que non é nada doado elexir un determinado invernadoiro, debido as grandes diferencias que hai entre uns e outros e a gran diversidade e variedade que o mercado ofrece. Aquí falo un pouco da diferenza entre os invernadoiros recubertos de plástico e os invernadoiros de vidreo, que son máis recentes pero que xa se empezan a ver máis a miudo.
Son moitos os factores que influen a hora de montar un invernadoiro; así, no mercado podemos encontrar diversos tipos de invernadoiros, de varias formas e materiais diferentes: Diferenciandoos por exemplo polo seu recubrimento exterior, podemos escoller entre os clásicos invernadoiros recubertos de lonas de plásticos, ou como en casos máis recentes, decidirnos por os inverndoiros de vidreo.
Estes ultimos son invernadoiros moi utilizados en Europa, debido a súa boa estructura e estabilidade, permitindo un microclima dentro do invernadoiro de forma máis cómoda. Sen embargo, a pesar de ter grandes vantaxas, este tipo de inveranoiros tamén presentan algun inconvinte, como son os elevados custes da súa instalación ou o elevado número de varas metálicas que necesitan para soster a estructura dos vidreos, dificultando desta forma un bo aproveitamento do sol.
En canto a os invernadoiros de plástico, soen ser máis comuns que os de vidreo, presentando como principal vantaxe o seu menor custo con respecto dos anteriores, así como unha maior facilidade para deixar pasar a luz. O principal condicionante destes invernadoiros é a adecuada elección do plasttico a utilizar, xa que no mercado podemos encontrar tamén unha gran variedade de plásticos, con gran diversidade de materiais e prezos moi variados ( polimetacrilato de metilo, policarbonato, policloruro de vinilo, polietileno, etc...), polo que debemos ter en conta o que buscamos e para que o necesitamos. Sen embargo, atendendo a dureza do mesmo, podense diferenciar entre os plásticos monocapa e os coextruidos, máis resistente que os anteriores debido a súa estructura molecular. Ademáis, os plásticos deben ser tratados con estabilizadores, para que estes sexan máis resistentes a degradación que lle pode producir o efecto dos raios ultravioletas. Mentras que nos de vidreo ou cristal, isto non é necesario, pois resisten mellor.
Sen lugar a dúbida este é un tema complicado a hora de decidirnos por un ou outro, pero a súa vez bastante interesante e que debemos ter moi en conta antes de poñernos a mercar un invernadoiro.
Fontes: http://www.jardinyplantas.com/invernaderos/plastico-para-invernaderos.html
http://www.infoagro.com/industria_auxiliar/plasticos.htm