Mostrando entradas con la etiqueta Exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Exposicións. Mostrar todas las entradas
23/2/09
Expocamelia
Publicado por
Sandra Sánchez
1 comentarios
O pasado 14 e 15 de febreiro celebrouse unha exposición de camelia na cidade da Coruña nas instalacións "Palexco".
Eu nunca fora a unha exposición deste tipo e decidín ir, sen saber moi ben o que me ía atopar. A verdade é que levei unha grata sorpresa, aínda que non era nada como eu imaxinaba. Había un montón de mesas sobre as que había "mil e unha" flores de camelia de diferentes formas, tamaños e cores. Era espectacular ver aqueles "centros" e "ramos" de flores de camelia, aínda que eu fun o segundo día e algunhas delas xa estaban un pouco marchitas.
Alí había un cartel explicativo no que distinguía varios tipos de camelia segundo a súa forma, incluíndoas así en 6 categorías diferentes, que son as seguintes:
- Simple: unha ringleira de 6 a 7 pétalos (menos de 8) rodeando a un círculo central de estames. (C.wabisuke uraku)
- Semi-doble: dúas ou máis ringleiras de pétalos (máis de 8) rodeando a un círculo central de estames. (C. japonica magnolia)
- Dobre incompleta: numerosos pétalos imbricados, véndose os estames cando abre a flor. (C. japonica sweetheart)
- Dobre completa: numerosos pétalos imbricados e nos que non se ven os estames aínda que a flor esté aberta. (C. japonica nuccio´s gem)
- Anémona: Centro globular formado por estames e petaloides, rodeado dunha ou máis ringleiras de pétalos externos. (C. japonica bokuhan o tinsie)
- Peonía: flor totalmente globosa con mezcla de pétalos irregulares, petaloides e estames. (C. japonica do pozo)
En casos excepcionais, hai flores que non se axustan complemetamente a este esquema.
Espero que vos gusten estas imaxes, que eu mesma saquei, e poidades ver, dunha maneira un pouco esquematizada, esta espectacular exposición.
Etiquetas:
Camelias,
Exposicións,
Flores
9/2/09
Viveralia
Publicado por
xose calvo
0
comentarios
O pasado mes de xaneiro os días 21-23 tivo lugar o Salón Profesional de la Planta Ornamental , VIVERALIA.
Celebrouse no Palacio ferial en Alicante, e de ámbito nacional e con esta xa van 6 convocatorias, converténdose nunha das citas de maior relevencia no sector hortofrutícola de España.
Acolleu a diversos sectores ,viveiros; equipamento de xardíns; productoras de sementes; servicios e sistemas relacionados ca xardinería; planta ornamental; rego; envases e contenedores; abonos; pedra artificial e maquinaria de viveiro.
A feira contou con máis de 5000 visitantes e 150 expositores nunha superficie de 11000m2
Viveralia vai dirixida solo o sector profesional .

Exposicións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)