Mostrando entradas con la etiqueta Maquinaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Maquinaria. Mostrar todas las entradas

22/2/10

Arrincado de planta con cepellón

0 comentarios

O pasado mercores, 3 de febreiro desprazamonos ata unha finca para ver o proceso de arrincado de pranta en cepellón de xeito mecanizado. Uns operarios de OrvisaHouse eran os encargados desta labor. Para elo utilizaban unha máquina provista de unha cuchilla, encargada de realizar o corte das raíces.
Posteriormente, coa axuda da grua que a máquina leva instalada, levantan a planta e recubrían o cepellón con unha tela de esparto e esta a sua vez con unha malla de ferro doce, de xeito que compacta máis o cepellón, impedindo que este se desfaga. Esta malla, é moi útil, pois non é necesario quitala a hora de plantar, pois desintegrase e aportándolle incluso ferro a planta.




Tamén podedes ver a realización do proceso mediante este video realizado por un compañeiro.
A continuación deixovos o enlace:
Video

Fonte propia.

19/2/10

UNHA VISITA MOI MECANIZADA!!!!

0 comentarios


Ola compañeiros, aquí vos deixo un video da visita que fixemos a unha das plantacións que están baixo a tutela da cooperativa "Estelas da Terra."
Nel vemos como os operarios axudados dunha máquina, a cal vai montada sobre o chasis dunha minipala "retro" de eirugas de goma dura, corta a raíz da planta por medio dunha coitela e con axuda dun vibrado. Deste modo a propia máquina que vai manexada por un dos operarios, arrinca a planta co cepellon.
A continuación se a planta ten un peso considerado, esta é erguida pola grúa que a máquina leva acoplada. Axudandose da grúa os operarios centranse en envolver con tela de saco o cepellón da planta, atan con cordel a tela, e despois rodean todo con malla de ferro doce.
Este sistema de traballo mellora o rendemento da cuadrilla a hora de levantar planta en cepellón e o maís importante, que a os propios traballadores se lles fai a labor moito máis levadeira sen romper as costas ca pala, palín e similares.
Parte do material que se usa nesta operarición, son estes conos de maia doce.
Con eles apretan o cepellón da planta despois de ser este envolto con tela de saco.
Deste xeito o cepellón non se deforma e conservamos a rices da planta.
O traballo está totalmente esquematizado, cada quen encargase dunha tarefa e o grupo traballa totalmente coordinado.
Os operarios cortando os tramos de tela cos que logo envolverán os cepellón que a máquina vaia cortanto.
Aquí temos o resultado final. O cepellón totalmente envolto ca tela e ca maia, listas para o seu transporte e venta.
Como vemos na imaxe estes exemplares de Acer xa teñen un tamaño considerable, sorte que hoxe en día podemos votar man de máquinas como a do video, as cales facilitan enormemente o traballo.
Como podemos ver nesta imaxe, o marco de plantación non é moi amplio, aproximadamente de 1,5 x 2 metros o que nos dá unha idea da boa maniobrabilidade da máquina.











UN SAUDO A TODOS.....!!!

18/2/10

Funcionamento dunha encepellonadora

0 comentarios

Fai duas semanas,poidemos ver como traballaba unha encepellonadora nunha finca, esta máquina ten unha coitela de distintas dimensións e con forma de media lúa. O que fai é cravarse no solo e facer un corte ó redor das raices da árbores creándo un cepellón; a continuación, uns operarios envolvíano nunha tea de esparto para ,posteriormente, apretalo cunha malla de ferro doce.Nestas operacións intervían catro persoas : unha na máquina, dúas manexando a planta e envolvéndolle a tea e a malla e outra, provista dun gancho, para apretar ben a dita malla. A árbore estaría lista para plantar, xa que tanto o esparto como a malla de ferro doce desintégranse en pouco tempo, aportándolle nutrintes a planta.Para levar a cabo todas estas operacións compre que haxa unha certa coordinación entre os operarios, así como, un espacio perfetamnete ordenado para realizar ben o traballo.

27/1/10

Cermosán S.L.

0 comentarios

CERMOSÁN
Maquinaria para horticultura ornamental.



A empresa Cermosán SL é unha empresa valenciana que comezou a súa andadura como especialista na mecanización integral de viveiros no ano 1990, centrándose tanto na fabricación propia como no mantemento de instalacións xa establecidas, especializandose sobre todo no cultivo de planta en maceta. Traballan con marcas moi variadas como poden ser Cermixer, Polaris, Vibromac, Cermiplant, etc.Posteriormente, de despois de chegar a un acordo con dúas empresas fabricantes de maquinaria para viveiros Cermosán abandona a fabricación propia e centrase na distribución de productos das marcas Javo e Tea Projet.



O abano en maquinaria e robotización que esta empresa oferta ós viveiristas é moi variado, e nel podemos atopar productos tan variados como os seguintes:

-Enmacetadoras
-Alimentadoras e mezcladoras de substratos.
-Máquinas para Big-Bale. Son maquinas dispensadoras de substrato envasado polo sistema de Big-Bale. (O Big-Bale tratase dun modo de envase plástico para substratos que posteriormente se van a utilizar en enmacetadoras ou mesturadoras de substratos, que lle aporta comodidade e funcionalidade).
-Sistemas de robotización.
-Transporte interno.
-Cintas transportadoras.
- Nebulizadores eléctricos.
- Dosificadores de abonos solidos.
- Sembradoras.
- Enchedoras de macetas.
-Lavadoras de bandexas.
-Pinzas portamaletas.
Etc.



A empresa, ademais, ofrece ó cliente a posibilidade de elaboración dun estudo e análise previos para establecer as necesidades iniciais en cada proxecto, coa fin de orientalo o mellor posible na posterior posta en práctica e sacarlle asi todo o seu rendemento e productividade.

-Asesoramento técnico: A empresa ofrece a posibilidade de orientación ó viveirista dende antes da constitución do viveiro, encamiñando ó mesmo cara a un proxecto ó máis viable e obxectivo posible. Tamén ofrecen a posibilidade de orientación en caso de adquisición de unha nova máquina en viveiros xa establecidos, coa fin de que o empresario merque a maquina máis axeitada en función das súas necesidades., en funcion da planta empregada, tipo de substrato, etc. A posta en marcha en postventa é outro dos servizos que Cermosán ofrece ós seus clientes.



-Reparación en viveiro: Cermosán, ademais da comercialización, ofrece a posibilidade do mantemento técnico das máquinas en caso de avarías, tanto no propio viveiro como no taller da empresa, ao cal se levará a máquina en caso de que sexa preciso, así como a reposición de pezas de reposto ou de segunda man, con distribución en viveiro de ser necesario, mantemento de equipos antigos, etc.




Para máis información podedes visitar o sitio web da empresa, www.cermosán.com, ou no seu correo electrónico info@cermosán.com.


Cermosán, S.L.
C/ Marqués de Sotelo, 1
46610 Guadassuar (Valencia)
Tel.: +34 962 572 067
Fax: +34 962 571 372

Fontes: www.cermosán.com

17/11/09

Cermosan,Maquinaria de hoticultura Ornamental

0 comentarios





Mientras navegaba pola web encontrei unha paxina que pode ser interesante sobre todo para aquela xente que lle guste a maquinaria e as plantas xa que nesta paxina podemos atopar todo tipo de maquinaria desde enmacetadoras, robots de transporte e espaciado, cintas tranportadoras, limpiadoras de bandejas...

O enlace é: Cermosan

Os deixare o enlace en (Enlaces de interese)

13/11/09

Tectraplant

1 comentarios


Tectraplant é a empresa que todo viveiro debe visitar, pois nela atopamos as máquinas máis modernas e sofisticadas para a plantación, lavado, plantadoras automáticas, enmatezadoras.


TECTRAPLANT é unha empresa valenciana ubicada en L'Alcúdia, a uns 30 km. pola autovía de Valencia, dirección Albacete, a actividade productiva fundamentase en equipos e técnicas de aplicación para las seguintes líneas:

Línea para la Poducción Hortoviverista, Floral e Ornamental

Cintas transplantadoras

Líneas de sembra automática

Enterradora de pedras, terrons e vexetación superficial

Enmacetadoras e enchedoras de bandexas.

Máquina para BIG-BALE

Mezcladoras de turba

Mini sementadorasdoras

Nebulizadores electrónicos e progranables ULV.

Sementadoras electrónicas

Trens de Rego

Recolleitadora de hortalizas de folla.

Repicadora de plantas manuaies e automáticas.

Sistemas de humificación.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks