19/11/08

El Malaín

5 comentarios


Este fin de semana estiven visitando a comarca de Villaviciosa (Asturias).
Alí Marta e Pablo idearon fai uns quince anos “El Malaín”; unha finca na que os clientes elixen, das mesmas plantas a froita que desexan comprar.
Principalmente adícanse á venda directa ós visitantes e á transformación de frambuesas, grosellas (vermellas e negras), moras e, sobre todo, arándanos en mermeladas e licores.
Alí mesmo, xunto á horta autoservicio, pódense degustar xelados caseiros de frambuesa e arándanos.
A mayoría das plantas que podemos observar nas fotografías son arándanos americanos ( cuios froitos son máis grandes que os silvestres), e xa teñen doce anos.
Non se lles aplica ningún tipo de fertilizante químico, herbicida nin praguicida… Tan só se lles van retirando as polas vellas e abonando coa propia materia orgánica resultante das limpezas dos corredores.
A época de máximo traballo é nos meses do verán; cando, ademáis de ter maior número de clientes (debido ó turismo) é a época de máxima producción, tendo que contar coa axuda de tres ou catro traballadores que se adican á recolección.
Esta iniciativa é unha excelente idea; os clientes quedan encantados por poder elixir a súa froita e dar un paseo polos cultivos, mentres que facilitan e aforran moito a labor de recolección.
En Malaín, agora están comezando a exportar a maior parte da producción a países como Alemaña, pois alí hai moito máis mercado.
Paréceme incoherente que o pouco que se produce aquí, e ademais de tan boa calidade, faga tantos kilómetros ata chegar ás mesas, mentres que o que se consume aquí veña doutros países (principalmente do continente americano) sinxelamente porque se lles paga unha miseria ós agricultores.
Ogallá que a xente de aquí comece pronto a valorar a calidade dos productos e poidan xurdir máis iniciativas como esta.
“El Malaín” está situado na carretera que une Gijón con Villaviciosa, vía Tazones, pouco despois de Venta de las Ranas, no primeiro desvío. Si pasades cerca paga a pena ir a velo, especialmente no verán.

18/11/08

Calendario para plantar

7 comentarios


Como xa citei no anterior post, hai que vincular un elemento a unha parte da planta. A súa vez, as plantas que se cultivan diferenciamolas en 4 partes .
1.- Plantas de raíz ou terra:

Rábanos, remolacha, apios, cenoria, patata e cebola. Estas plantas terán mellor resultados se se planta os días de raiz.

2.- Plantas de folla:

Coles, endivia, leituga, espinacas, perexel,herbas aromáticas, espárragos. Os días de folla son mellor para a semente e traballo de cultivos destas plantas

3.- plantas de flor:

Os días de flor son os mellores para plantar especies como xirasol, liño e sementes oleoxénicas.Se se recortan as flores e ponse en auga eses días o seu aroma é mais intenso, e dura durante máis tempo.

4.- Plantas de froito:

Xudía, chícharo, lentellas, millo, tomates, cabacín. No día do froito tamén se obtén maior cantidade de aceite.Se se recolectan nos días de froito a súa calidade dura máis no seu almacenamento.

Para reflectir mellor todo isto, vai un exemplo no mes de Decembro onde se pode comprobar o dito.Cada día do mes está está divido en terra, flor , froito e folla .Seguindo o calendario so nos queda plantar o tipo de planta que recomenden para ese día ou días e ver que bonito nos queda a horta.



Feridas que cicatrizan

6 comentarios

Buscando no baúl dos recordos atopei unha revista Natura número 46 con data de xaneiro de 1987, na que a pesares da súa antigüidade atopei un artigo moi interesante sobre as plantas suculentas. Este tipo de plantas propáganse moi facilmente por propagación vexetativa por división, esgallos ou transplantes. O sistema e bastante sinxelo, xa que so é necesario un simple corte que non danará o crecemento da planta, incluso se desenrolará mellor basalmente e mellorará a súa aparencia. Isto débese a que as plantas suculentas teñen o seu propio suministro interior de auga polo que non lles afecta demasiado una supresión.

No caso da Opuntia e da Echeveria, deben deixarse cicatrizar os cortes antes de plantar as divisións, para ben ser, nunha mestura de area e turba a partes iguais.

No caso dos cactus globulares, poden seccionarse na súa parte superior. Colocase a parte cortada nun lugar aireado e con luz, cóbrese o corte con po enraizador ata que se forme un callo protector sobre a ferida e posteriormente plantarase sen enterralo a moito. A planta nai desenrolará, a partires da primeira división, novos brotes que poden ser cortados e enraizados. Como experiencia persoal, comentar que eu posuía unha Opuntia (Chumbeira) a cal tiña que recortar de forma continuada para non sufrir os continuos espiñazos (debido a que non estaba situada no lugar adecuado). A planta recuperábase perfectamente das súas feridas e as partes cortadas non tiñan ningunha dificultade para enraizar.

Galicia calidade

10 comentarios


Os productores de plantas de Pontevedra e A Coruña aspiran a convertir a nosa comunidade na porta de entrada a Europa das variedades exóticas de Nova Zelanda.
``Galicia na súa franxa costeira,ten o meyor clima para cultivar ó aire libre´´ comenta Lode Van Doorselaer un dos viveristas máis activos de Galicia con negocios en Fisterra e Vilamaior. Segundo Lode en Galicia dase absolutamente todo sin necesidade de invernadoiro, sen ter que forzar artificialmente as condicións de temperatura e humidade, e polo tanto a mellor prezo.
Ata o de agora a UE dependía de Italia,Bélxica e Holanda no que á produción de planta ornamental se refire,pero un grupo de viveiristas de ASPROGA(Asociación de Produtores de Planta Ornamental de Galicia) están empeñados en darlle a volta á tortilla para isto a primeira medida que tomaron sete dos compoñentes de ASPROGA foi a de viaxar a Nova Zelanda nun viaxe organizado pola Cámara de Comercio de Tui e ASPROGA no que visitaron as maiores empresas produtoras de Nova Zelanda.
Nesta viaxe os comerciantes galegos xa cerraron acordos cos produtores de Auckland e Christchurch,estes comerciantes pagarán un canon pola produción e comercialización desde Galicia de plantas patentadas e os primeiros exemplares chegarán a Peinador e Alvedro.
Si todo marcha ben infinidade de variedades con máis floración e cores, de protea, fornium, hebe, leptospermum, azalea, rodoendro, clianthus, camelia, clematis, paniculata ou coprosma xamais vistas por estas latitudes iluminarán no 2010 os viveiros galegos.

VIA:
-elpais.com

ACOLCHADO

9 comentarios


Os productores de plantas, para mellorar o rendemento da plantación, avogan pola utilización, dun acolchado plástico.
Os investigadores da Universidade Estatal de Ohio , fixeron un experimento para mellorar a producción e o crecemento das plantas e compararon varios materiais e cores para facer o acolchado. Estes foron: o chan espido, plástico negro rollado de periódico, palla e cortiza. O abono orgánico aplicase a unha profundidade de 4 pulgadas. Na metade das parcelas aplicaronse herbicidas e tratamentos con funxicidas, e no resto non.
Os rendementos máis altos lográronse nas parcelas con rollado de periódico desminuzado, independentemente do tratamento de plaguicidas. Neste experimento co acolchado de periódico suprimiuse a medra da maleza mellor que en calquera outro . A pesar de que o chan baixo o plástico negro acolchado alcanzou a temperatura máis alta, as plantas presentaron menor producción de todos os tratamentos de acolchado orgánico, independentemente de se os plaguicidas se utilizaron ou non.

Vía provenwinners

Rafflesia arnoldii

7 comentarios


A flor máis grande do mundo é a Rafflesia arnoldi, é orixinaria dos trópicos (atópase sobre todo en Sumatra e Borneos). Foi descuberta e hai uns 180 anos (cientificamente).
A inflorescencia pode chegar ó metro de diámentro, pesa entre 7-11 Kg. Son flores carnosas de cor vermella anaranxada e cuns 5 lóbulos.
A pesar de ser tan grande é moi complicado vela xa que a súa floración é de 4-7 días, eclosionan 24h. As flores danse unha vez cada varios anos.
As súas flores desprenden un gran olor fétido, semellante á carne podrida e desprenden calor. Ámbos mecanismos son para atraer insectos para polinizala.
A rafflesia é unha planta parásita.
Análisis genéticos revelan que esta planta é da familia da Ponsettia, Ricino, Yuca, árbol do caucho.

A agricultura ecolóxica fora da crise

9 comentarios


Parece que a crise non chega o sector da agricultura ecolóxica , ou iso é polo menos o que reflicten os últimos datos; Segundo o rexistro do Consello de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) a superficie inscrita veuse aumentada nun 22,35% por encima do habitual dos últimos anos.
Existen unha serie de factores que propician este crecemento:

• A implantación do chamado Contrato de Explotación Sustentable, o programa de axudas públicas establecido pola Consellería de Medio rural para promocionar a produción ecolóxica, que entrou en vigor o pasado mes de Febreiro.
• Segundo os responsables do CRAEGA o paso ó ecolóxico supón para os produtores agrarios un aforro directo importante xa que os custes de produción nestas circunstancias están incrementando moito o prezo, por iso as épocas de crise son xeralmente favorables para este sector.

Fai un ano a superficie existente era dunhas 11.000 hectáreas fronte as 14.000 coas que contan hoxe en día . A finais do 2007 o aumento da superficie controlada foi do 17% aínda que foi unha subida importante , este ano superouse en cinco puntos.
Neste momento o número de produtores do CRAEGA supera o medio millar . Dos 501 inscritos 66 pertencen a industria .
Aínda que en menor medida tamén aumenta o número de ecoagricultores dedicados a hortifloricultura , por iso o CRAEGA dedicou o seu espazo na mostra inmaterial que se celebrou en Ourense o pasado fin de semana a Produción da horta.
Por provincias Lugo é a que ocupa o primeiro lugar en número de ecoagricultores.

As especies invasoras en Galicia

5 comentarios

Como productores de plantas que "somos" ou que algún día chegaremos a ser, creo que debemos ter moi presente aquelas plantas que están consideradas invasoras en Galicia, xa que a introdución destas especies conleva á perda de biodiversidade, ademais de ter repercusións negativas na economía e na sanidade vexetal.
Considérase que unha especie é invasora cando amenaza os ecosistemas orixinais e a supervivencia das especies autóctonas.
No proceso da invasión biolóxica pódense diferenciar tres fases:

  • A especie é transportada, dunha forma intencionada ou non, desde a súa orixe ata unha zona da cal non é nativa.
  • Ten un proceso de aclimatización o novo ambiente.
  • Propagase e coloniza as novas zonas.
As especies máis sensibles a alteración do seu medio por invasións biolóxicas son aquelas que viven en ambientes fráxiles (dunas, zonas húmidas,etc.) ou que presentan poboacións pequenas.
A proba de todo isto e a importancia que ten, pódemola ver reflexada en moitos lugares entre eles o Salnés, toda a costa mariña, etc.
A continuación preséntovos algunhas especies vexetais consideradas invasoras.

¿Poden oír as plantas?

3 comentarios


Falase de que as vides cando son amenizadas por Mozart producen máis. Tamén din que as plantas que viven nas casas que as tratan con cariño medran máis que onde hai disputas e pelexas. As plantas teñen sentido da vista, o menos poden buscar a luz. As enredadeiras teñen sentido do tacto.
A capacidade de percibir sons e mais difícil de probar, anque saibamos que determinadas plantas utilizan unha nota musical para perpetuarse. Este é o caso da genciana rosada de Sudáfrica (Orphium frutescens). As flores desta especie ábrense, como as outras, a esperar que cheguen insectos a levarse o polen e o depositen no estigma doutras plantas de mesma especie. No caso de ser de outra especie o polen esta perdido, polo que a flor interésalle ter un insecto especializado que so visiten as plantas da súa mesma especie. Para conseguir isto, so permite que sexa unha especie de abella a que trafique co seu polen, e como pago aos seus servizos, permite que prepare alimentos para as súas larvas co seu prezado polen, rico en proteínas.
A flor idéntifica ao seu transportista polo son, cando chega calquera insecto encontra a planta seca, coas anteras valeiras destas nutritivas partículas, e marchase a buscar outra flor. En cambio a abella carpinteira Xylocopa caffra, sabe onde esta o polen e ao chegar a flor continua batendo as ás pero mais lentamente, para que produza un zumbido especial, unha nota DO central. Esta é a frecuencia de resonancia coa que os poros das anteras comezan a soltar o polen como se se tratase dunha namorada que abre a porta do balcón e se asoma cando o seu galan cántalle unha canción. Este mecanismo coñecese a polinización polo zumbido. Un 6 -8 % das plantas do mundo utilizan este sistema, polo exemplo a berenxena, pataca, o tomate.
Pode dicirse que todo esto é so cuestión de encontrar a frecuencia de resonancia. É certo pero polo mesmo principio nos somos capaces de diferenciar as distintas notas e converter a musica en sentimento. E evidente que as plantas e os insectos son sensibles ao son.
Información sacada da revista Gardabosques

Productos ecolóxicos sen intermediarios

0 comentarios

Estamos a falar dunha empresa que se dedica a comercializar os productos ecolóxicos sen intermediarios, con iso redúcense os crstes do producto, xa que se poñen unicamente en contacto o productor e o consumidor.
A empresa sitúase en Campillos en Málaga CP 29320 TEL-952 722 003, 610 280 099.

Os productos que ofreces esta empresa na súa páxina son: viños, aceites,xamóns e o que nos interesa a nós sementes e abonos.

Os productos agrícolas que se queiran comercializar serán identificados como ecolóxicos, biolóxicos ou orgánicos deben cumprir o Regulamento 2092/91.

Utilízanse para o seu cultivo bancais. No terreo fanse divisións de 1 m de ancho polo longo que queiramos. É conveniente manter unha diversidade biolóxica, alternando ou mesturando variedades distintas. Neste tipo de cultivos é importante a prevención, para iso prestarase atención ó desenvolvemento das plantas para que resistan dun xeito natural as pragas i enfermidades. Un bo abonado e especies autóctonas son a mellor prevención.

Para o abonado o fertilizante máis utilizado é o de produción propia, compost, trátase de mellorar o complexo arxilo-húmico e os microorganismos do solo. Os únicos abonos minerais que se poden utilizar son os procedentes de fontes naturais. Como excepción poderase utilizar: bacillus thuringrensis ou piretrinas (obtense de flores secas). Pódese utilizar tamén extracto de allo que serve para repeler a mosca branca, paxaros. http://www.productosecologicossinintermediarios.es/

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks