18/11/08
¿Poden oír as plantas?
Publicado por
Julio y Juan Martino
Falase de que as vides cando son amenizadas por Mozart producen máis. Tamén din que as plantas que viven nas casas que as tratan con cariño medran máis que onde hai disputas e pelexas. As plantas teñen sentido da vista, o menos poden buscar a luz. As enredadeiras teñen sentido do tacto.
A capacidade de percibir sons e mais difícil de probar, anque saibamos que determinadas plantas utilizan unha nota musical para perpetuarse. Este é o caso da genciana rosada de Sudáfrica (Orphium frutescens). As flores desta especie ábrense, como as outras, a esperar que cheguen insectos a levarse o polen e o depositen no estigma doutras plantas de mesma especie. No caso de ser de outra especie o polen esta perdido, polo que a flor interésalle ter un insecto especializado que so visiten as plantas da súa mesma especie. Para conseguir isto, so permite que sexa unha especie de abella a que trafique co seu polen, e como pago aos seus servizos, permite que prepare alimentos para as súas larvas co seu prezado polen, rico en proteínas.
A flor idéntifica ao seu transportista polo son, cando chega calquera insecto encontra a planta seca, coas anteras valeiras destas nutritivas partículas, e marchase a buscar outra flor. En cambio a abella carpinteira Xylocopa caffra, sabe onde esta o polen e ao chegar a flor continua batendo as ás pero mais lentamente, para que produza un zumbido especial, unha nota DO central. Esta é a frecuencia de resonancia coa que os poros das anteras comezan a soltar o polen como se se tratase dunha namorada que abre a porta do balcón e se asoma cando o seu galan cántalle unha canción. Este mecanismo coñecese a polinización polo zumbido. Un 6 -8 % das plantas do mundo utilizan este sistema, polo exemplo a berenxena, pataca, o tomate.
Pode dicirse que todo esto é so cuestión de encontrar a frecuencia de resonancia. É certo pero polo mesmo principio nos somos capaces de diferenciar as distintas notas e converter a musica en sentimento. E evidente que as plantas e os insectos son sensibles ao son.
Información sacada da revista Gardabosques
Etiquetas:
Curiosidades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Paréceme díficil de entender que as plantas oian, eu creo que eses insectos terán tácticas especiais para polenizar esas plantas. De todas formas non o vou discutir porque non o sei, todo é posible.A información en todo caso non deixa de ser curiosa.
Pareceme o comentario máis curioso de todos os que publicaron ata agora. Si que debe ser verdade eso de que oían e todo iso porque e verdade que non todos os insectos polinizan todas as plantas asique ten que ser por algo semellante a iso. Sigue a si e podes seguir facendo post sobre este tema que resultan moi interesantes.
Un artigo moi interesante Martino. Ti pensas verdadeiramente que as plantas oen? Eu penso que mais ben se rixen por estímulos, quizais non escoiten os sons que emiten os insectos pero si sean capaces de captar a forma en que se move o aire ó bater as ás.
Publicar un comentario