18/11/08
Calendario para plantar
Publicado por
xose calvo
Como xa citei no anterior post, hai que vincular un elemento a unha parte da planta. A súa vez, as plantas que se cultivan diferenciamolas en 4 partes .
1.- Plantas de raíz ou terra:
Rábanos, remolacha, apios, cenoria, patata e cebola. Estas plantas terán mellor resultados se se planta os días de raiz.
2.- Plantas de folla:
Coles, endivia, leituga, espinacas, perexel,herbas aromáticas, espárragos. Os días de folla son mellor para a semente e traballo de cultivos destas plantas
3.- plantas de flor:
Os días de flor son os mellores para plantar especies como xirasol, liño e sementes oleoxénicas.Se se recortan as flores e ponse en auga eses días o seu aroma é mais intenso, e dura durante máis tempo.
4.- Plantas de froito:
Xudía, chícharo, lentellas, millo, tomates, cabacín. No día do froito tamén se obtén maior cantidade de aceite.Se se recolectan nos días de froito a súa calidade dura máis no seu almacenamento.
Para reflectir mellor todo isto, vai un exemplo no mes de Decembro onde se pode comprobar o dito.Cada día do mes está está divido en terra, flor , froito e folla .Seguindo o calendario so nos queda plantar o tipo de planta que recomenden para ese día ou días e ver que bonito nos queda a horta.
Etiquetas:
Curiosidades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
O post paréceme curioso, pero tiven que lelo para enterarme de que ía porque carece de título e a etiqueta tampouco me parece a apropiada.
Xose, faltalle o título. Non dudo de que ese sistema funcione pero gustaríame que explicaras os cadros, xa que non son capaz de entendelos moi ben. De todas formas pola miña terra ainda nos seguimos guiando pola lua, e non só para a plantación se non tamén para facer a matanza.
Saludos:
Mmm a verdade que si nos dices donde podemos averiguar cando son esos días de raiz, de follas, de flor e de froito, sería un intresante infotmacón
Estou moi de acordo con Natalia a xente do rural seguese guiando máis pola lúa, eu a verdade e que me acabo de enterar agora que existen días de raíz, follas...
Podias, nos seguintes post, falando deste tema que parece interesante.
Ah por certo titulase??
Que clases tan web 2.0... Parabéns
Hola Xosé,o tema xa che comentei que me parecí moi interesante, pero a verdade é que neste post, non se entende moi ben. Máis que nada creo que é porque os cadros que metiches apenas se dan leido...
Complicado de entender e difícil en xeral, non sei si pola explicación ou polo tema en si. Habería que retocalo.
Publicar un comentario