8/3/11
Acodos
Na produción de clons de castiñeiro resistentes á tinta, outras técnicas de propagación como o esgallado e máis recentemente o cultivo in vitro estanse a considerar como a solución de futuro para superar as eivas do acodo.
Na seguinte entrevista, a propietaria do viveiro (Macu), deféndenos a vixencia da técnica que eles veñen desenvolvendo e matiza algúns datos recollidos da bibliograía.
Produción de castiñeiro híbrido

O aproveitamento do seu froito, as cualidades estéticas e tecnolóxicas da súa madeira, a simbiose con fungos comestibles ou os seu valores paisaxísticos fan do castiñeiro unha das árbores máis apreciadas.
Nas cotas máis baixas do noso país o castiñeiro é sensible á doenza da tinta, razón pola que se fai recomendable empregar clons procedentes de híbridos entre o noso castiñeiro e o chinés ou xaponés, ambos resistentes a esta doenza.
O Rego é un pequeno viveiro pioneiro en Galicia na produción de clons de castiñeiro híbrido mediante acodo baixo. No Issuu seguinte describimos a técnica de acodado que se veu perfeccionando en O Rego.
Seguidamente, amósase unha publicación oficial sobre clons de castiñeiro híbrido para a produción de madeira.
E agora, outra publicación da mesma fonte sobre variedades de castaña.