Mostrando entradas con la etiqueta Reproducción asexual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reproducción asexual. Mostrar todas las entradas

1/3/12

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN DE MULTIPLICACIÓN POR ESGALLO

0 comentarios

25/2/09

Enxerto en coníferas

1 comentarios

Poño como exemplo un enxerto de pino piñoneiro (Pinus pinea) sobre pino carrasco (Pinus halepensis).
As coníferas, pola sua saiva resinosa, deben enxertarse en pleno inverno, cando emiten menos resina por estar en periodo de descanso. Enxertanse polo método de fendedura lateral baixo bolsa de plástico, conservando o ápice do patrón, que estira a saiva cara arriba, a cal pasa polo enxerto e favorece o seu agarre. Si o patrón e moi xoven faise un único enxerto de fendedura plena simple con unha rama do mesmo grosor co patrón. Si o patrón e máis grande faise un enxerto de fendedura lateral con unha rama de menor grosor co patrón. Neste último caso podese facer varios enxertos o mesmo tempo e a distintas alturas.
No caso que vos presento o patrón e máis groso que a rama a enxertar e polo tanto o enxerto e de fendedura lateral. Éste mes de febreiro e ideal para facer o enxerto poque o solo está mollado, non sopla vento forte e a temperatura e de 10-12ºC.
O patrón escollese un pino sano e vigoroso duns 7 anos de idade.
Escollese unha zona lisa e recta próxima o ápice do patrón.
Coa navalla de enxertar faise un corte cara abaixo na corteza con forma de lengüeta profundizando un pouco.
Debese escoller unha rama pa enxertar sa e a ser posible da parte do pino que mire o sur-sureste, por recibir máis enerxia solar e ter máis azúcares nas follas e no tallo.
Despois de arrancar as follas inferiores coa navalla rebaixase a parte inferior da rama en doble bisel.
Introducese a rama no corte do patrón.
Axustase as duas partes do inxerto.
Atase con cinta plastica.
Para evitar que a rama se desidrate mollase ben con auga limpa.
Logo cubrese a rama cunha bolsa de pastico transparente e atase pola sua parte inferior.
Pasados 30 días quitase a bolsa e cando a xema da rama brote na primaveira desatase o enxerto.
Pasados uns días cortase o ápice do patrón por encima da rama enxertada e paulatinamente o longo dunhas semanas vanse podando todalas ramas do patrón ata que soamente quede o enxeto.

13/2/09

Cultivo "in vitro" en castiñeiro

0 comentarios

Esta presentación mostranos dunha forma sinxela que é o cultivo in vitro, e como se fai a multiplicación do castiñeiro mediante esta tecnica. Mostranos as diferencias que existen entre un ciltivo tradicional e un cultivo in vitro. Tamen nos mostra as fases que sigue o preceso:
.-Establecemento do cultivo
.-Multiplicación e elongación
.-Enraizamento e
.-Aclimatación




Información sacada das Xornadas do castiñeiro. Ponencia de Margarita Fraga. (Cultigar)

29/10/08

Multiplicación das plantas

1 comentarios

O esgallado ou estaca é un método de multiplicación vexetal que consiste en tomar unha pedazo da planta, por exemplo, un anaco de tallo, e conseguir que emita raíces para formar un novo individuo.
O esgallado leñoso practicase principalmente nas árbores de folla caduca, pero tamén en moitos de folla perenne. De seguido podemos ver unhas fotos de esgallos e tamén con aplicacións de hormonas



ViA INFOJARDIN

Enxertos

1 comentarios

Hai cousas que se comprenden mellor véndoas que explicándoas, así que vos deixo unhas cantas imaxes de tipos de enxertos

21/10/08

Reprodución por esgallos

1 comentarios

Isto é unha forma de enraizar en auga. Moitas plantas admiten este sistema, como as roseiras..
A forma de facelo é: colócanse os esgallos nun recipiente con auga, a mediados de primavera, ao cabo dun mes , estes esgallos xa teñen raiciñas. É preciso mudar a auga con certa frecuencia para que non se encha de mofo e os esgallos non apodrezan. Ao comezar o outono, xa se poden ser plantados en macetas.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks