Mostrando entradas con la etiqueta Productos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Productos. Mostrar todas las entradas

15/12/09

MADEIRA DE CALIDADE

1 comentarios


Arboforest é un viveiro de carácter familiar creado no lugar de Saucejo (Sevilla) especializado na producción de plantón de nogal madereiro adaptado ó clima peninsular. O obxectivo principal desta empresa é o de contribuir á potenciación do uso de especies forestais productoras de madeira de calidade de crecementos relativamente rápidos.

O paulatino retroceso sufrido na superficie de terreo adicada a cultivos agrícolas tradicionais, unido ás políticas que dende a UE se están levando a cabo no referente á reforestación de terras agrarias, fixo que unha porcentaxe importante de propietarios deste tipo de fincas se plantexase a implantación de masas forestais que ofrezcan un aproveitamento máis ou menos rendible.

Dende os xerentes de Arboforest xurdiu a idea de crear unha empresa que a parte de adicarse as funcións propias dun viveiro, como é a producción e comercialización de planta, realice unha labor de asesoramento o máis completa posible para os posibles interesados en crear unha masa forestal. Para elo, na súa web podemos encontrar información referente á calidade da planta, os coidados en viveiro, traballos precisos para un mantemento axeitado da plantación (preparación do terreo, plantación, coidados selvícolas, etc.), posibles subvención ás que acollerse, pequena orientación da situación actual do mercado da madeira e reserva de pedidos.

Como se mencionou anteriormente, na actualidade só produce planta de nogal aínda que nun futuro se ten pensado incrementar a oferta de epecies productoras de madeira de calidade como é o caso planta de Prunus avium.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks