17/11/09
Cultivo in vitro
Deixovos un enlace a unha noticia que atopei pola red (xuño 2009) sobre o cultivo in vitro de Castaño resistente á "tinta".
http://www.elcorreogallego.es/indexCanales.php?idMenu=110&idSubmenu=141&idNoticia=433966
13/11/09
Viveiros Horticina

A historia de Horticina remóntase ó a 2002, cando dous socios, o galego Miguel Mato e outro empresario suízo, aterraron en A Barqueira (municipio de Cerdido) buscando unha extensión suficiente para pór en marcha o seu viveiro. Fixérono nunha finca que antes estaba destina a unha explotación gandeira e que ofrecía as condicións necesarias. Adecuaron as instalacións, cultivaron camelias e esperaron tres anos a que estivesen listas para a venda. O temporal "Klaus" arruinou entón a súa entrada no mercado, o que obrigou a Horticina a dar un paso atrás para voltar a cultivar e esperar a medra das plantas.
De novo, a empresa está a preparar a súa fase de comercialización. Nese marco o viveiro recibiu a semana pasada a visita de dous importantes importadores británicos. Segundo explica Miguel Mato, Horticina xa realizara o seu labor de promoción comercial antes do "Klaus", en Holanda e Suíza, así como en varias feiras internacionais do sector. Non obstante, os empresarios intensifican de novo agora os seus contactos de cara a realizar o segundo intento de comercializar os seus produtos no ano 2011, cando estarán suficientemente medradas as plantas.
A recente visita dos importadores ingleses realízase no marco dun programa organizado pola Cámara de Comercio de Ferrol. A camelia, neste país e en outros de Europa, emprégase como unha planta de temporada, é dicir, a maceta tense dentro de casa durante uns meses e despois desbotase.
Os clientes esixen que cada planta teña unha altura determinada e un mínimo de seis flores, condicións que fan que para vender 20.000 plantas ao Reino Unido haxa que producir 50.000, explica Mato.
Horticina está a producir actualmente 260.000 plantas ao ano, se ben a intención da empresa é chegar a cultivar medio millón anuais. O viveiro de Cerdido optou pola especialización, porque o cultivo de especies diferentes é moi complicado. A camelia é, ademais, o produto estrela do sector en Galicia, de onde saen máis de dous millóns de unidades cada ano.
Fonte: www.diariodeferrol.es
11/11/09
Noticias sobre viveiros
- Pláns de conservación de especies e ecotipos amenazados da comunidade.
- Recollida de sementes.
- Desenrrolo de semilleiros de cultivo.
- Creación de bancos de germoplasma.
- Ensaios de procedencia.
- Desenrrolo de técnica de microrrización.
Esta planta e producida co fin de cubrir a demanda da propia conselleria no momento de facer repoboacións. Suministrarlla a centros de educación medioambiental con fins didácticos e a asociacións sen ánimo de lucro e outras entidades que cumplan as condición requeridas.
Dende o meu punto de vista pareceme unha medida moi respetable e a seguir por outras administración.
22/2/09
Uso de praguicidas na Unión Europea
A Unión Europea aprobou unha novanormativa para o uso de plaguicidas.
Esta nova lexislación ten como obxectivo regular a utilización dos plaguicidas e colaborar ca protección do medio ambiente.
Coa anterior normativa vixente dende 1991, os plaguicidas eran autorizados pola Comisión Europea. O mesmo tempo cada Estado membro decidía se se aprobaba ou non no seu propio país. Ca nova lexislación pretendese que a aprobación destes productos sexa uniforme en todos os países de Europa.
Nos próximos 10 anos irase retirando do mercado progresivamente aquelas sustancias con perfil toxicolóxico e medioambiental máis agudo . Esto ben dado pola preocupación da sociedade no uso de pragucidas aplicados para a destrucción de fungos, insectos e malezas repercutindo na saúde das persoas
Esta normativa ten como obxectivo conseguir un uso dos praguicidas que garantice a saúde dos consumidores e dos operadores que os utilicen , así como o respecto o medio ambiente.
Cada Estado membro da Unión Europea elaborará un Plan Nacional de Acción con medidas para a formación dos usuarios, a venta e manexo de praguicidas, aplicacións aéreas, inspección dos equipos de tratamento, protección do medio acuático e protección de determinadas zonas máis sensibles.
O acordo establece a prohibición de certas substancias tóxicas; sobre todo, aquelas «canceríxenas ou dañinas para a reproducción », a non ser que os seus efectos sexan leves na sús utilización.
As substancias que teñan efectos neurolóxicos ou que afecten ao sistema endócrino prohibiranse si se considera que teñen un risco grave para a saúde.
Aqueles productos que teñan compoñentes perigosos deberán ser substituídos por «alternativas mais seguras» nun prazo de tres anos, na anterior normativa eran cinco anos .
Por todo eso no 2014, será obligatorio respectar os principios xerais da Xestión Integrada de Pragas para conseguir unha reducción no risco no uso dos productos fitosanitarios e potenciar a promoción de métodos alternativos de loita contra as pragas.
SINC
9/12/08
HAPPY PLANTS
HAPPY PLANTS é un producto ecolóxico para o cuidado e conservación de plantas e árbores, que permite manté-los en perfecto estado durante 30 dias sen necesidade de regalos nin abonalos .
Desenvolvido por unha empresa catalana, Laboratórios Diet Esthetic, é cen por cen natural e está composto por un 96,15% de auga e nutrientes en forma xelatinosa. Ao ser liberado sobre as plantas, éste vaise transformando gradualmente en líquido ao entrar en contacto coa actividade microbiolóxica natural do chan, desta forma a auga, os nutrientes e a própia celulosa que libera, son absorbidos polas raices das plantas de forma automática. proporciona auga e nutrientes por un período de até 30 dias, independentemente da temperatura ou humidade.
Durante estes últimos meses HAPPY PLANTS recebeu distintos prémios internacionais, incluindo o Galardón ao Mellor producto Non-Food na edición da PLMA Private Label Manufacters Association de Ámsterdam (selecionado entre os mais de 2.600 stands da feira), asi como o Prémio ao Mellor producto de Jardinería da GLEE de Birmingham, a principal feira mundial de jardinería (selecionado entre mais de 1.600 empresas procedintes de 50 paises).
Entre os motivos polos que se lle outorgaron os prémios figuran:
-É un producto moi inovador.
-Respeita o entorno medioambiental.
-É fácil e cómodo de usar.
-Non representa nengun risco par o usuário.
HAPPY PLANTS pode-se utilizar tanto para o cuidado de plantas de interior como de exterior. É un sistema ideal para oficinas, hoteis, bancos, zonas de difícil rego, isletas urbanas, medianas e tamén é a solución definitiva para féiras ou ausencias prolongadas das nosas casas.
Fonte HAPPY PLANTS
