Mostrando entradas con la etiqueta Euphorbia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Euphorbia. Mostrar todas las entradas

2/12/09

Chega o nadal

1 comentarios

Estamos achegandonos o nadal, e como ben sabedes esta e unha época na que no noso país temos por costume regalar a flor de pascua (Euphorbia pulcherrima), pero seguro que moita xente sigue facendose preguntas como ou formulando afirmacions como....

Porque me morre tan pronto???
Que frores tan bonitas de cor vermello ten esta planta...

Pois ben neste post vou comentar un pouco as características de esta especie e intentar resolver as dudas que mopita xente poda ter.

Aclarando a primeira dúbida te mos que decir que esta e unha planta cultivada en zoas mais cálidas que o estado español, cara o ecuador e o hemisferio sur, donde se cultiva ou se presenta como arbusto en exterior.

Nas nosas latitudes empezouse a coñecer na época colonial cando se usaba para decorar as igrexas. Desde enton e ata os nosos tempos evolucionou o seu cultivo de tal forma que agora e rara a casa que non presente unha pequena flor de pascua no seu interior.

Cabe destacar que a o que a xente chama a atención denominanse bracteas, que poden ser bermellas brancas ou rosas, non son flores pos as inflorescencias son pequeniñas amarelas e sen moito valor estético.

Finalmente no seu cultivo temos que destacar que e unha planta na que hay que controlar mpoi ben o seu cultivo pois ten que chegar as épocas navideñas ca coloración axeitada e si se calcula mal pode ser que o productor non poida vender as plantas ou teña que vendelas a un prezo moi baixo. E interesante saber tamen que a esta planta se lle engaden reguladores do crecemento para facela mais pequena, pois como mencionei antes no seu habitat natural e un arbursto de dimensios notables.

Dito todo esto espero que agora sepades un pouquiño mais sobre esta especie tan famosa na época festiva na que imos a entrar, e sen mais Feliz nadal a todos.


13/12/08

Poinsetia

1 comentarios


Un ano máis, como de costume, xa merquei a miña flor de Pascua ou Poinsetia (Euphorbia Pulcherrima). Para min é un requisito indispensable, desde fai uns anos, mercar unha. Nesta ocasión merqueina en Arzúa, na Floristería do Agro. Atendeume unha moza encantadora (á que se me esqueceu preguntar o nome) que non tivo ningún inconveniente en dedicarme uns minutos do seu tempo e explicarme, de forma moi amable, que a Poinsetia era unha árbore no seu lugar de orixe pero que aquí se empregaba como flor de temporada. Para que se poña roxa necesita só dúas horas de luz ó día, que é o que lle fan nos viveiros para que cheguen así ó mercado. Díxome que se lograba tela viva para o ano que ven, que non vai ser o caso, as súas follas serían verdes a non ser que lle fixese como no viveiro. Tiña tres variedades: a roxa, que foi pola cal me decantei, a branca e a roxa con follas jaspeadas tamén en roxo (manchas roxas). Comentoume que era unha planta que sangraba moito ( savia branca e leitosa) se se lle producía algún tipo de ferida ou simplemente ó arrancarlle as follas cando estas están murchas,custándolle moito cicatrizar. Polo tanto, é mellor que lle caian as follas de forma natural ou quitarllas cando estean secas, para que a planta non sufra. Debe ter un rego moi moderado e debería estar a unha temperatura duns 19-22ºC e sen cambio bruscos.
A planta que merquei ven en maceta e é un so pé moi ramificado dende o colo da raiz (como o resto das que tiña alí para vender), procede dun distribuidor de Tomiño, Pycflorga, que tamén teñe viveiros pero que non producen flor de Pascua.

A foto que vos mostro non é a da miña planta porque non teño neste momento a cámara para facerlla.



Quero darlle as grazas a moza da floristería polo ben que me tratou e por toda a información que me dou, a cal vos seguirei contando no seguinte post.

11/12/08

Flor de pascua

0 comentarios

Nas fechas nas que nos atopamos un dos símbolos mais típicos do Nadal aparte dos Abetos e milleiros de luces pola rúas son as flores de Páscua ou Poinsetia (Euphorbia Pulcherrima). Esta planta nestas datas é cando adquire o seu maior esplendor, grazas á floración que lle proporciona un vermello intenso, ideal para lograr unha perfecta ambientación de Nadal nas casas e como regalo no mes de decembro .
As follas da flor de Pascua son verde obscuro, aterciopeladas e cos bordes dentados. Estas combínanse con follas de outras cores, principalmente vermello, aínda que existen outras especies menos coñecidas de tons brancos, amarelos e rosados.
O que se identifica como a flor, pola súa forma de pétalos, son en realidade follas chamadas brácteas, que proporcionan o verdadeiro valor decorativo á planta.

É unha planta de interior de orixe mexicano( Oaxaca e Chiapas) que se pode conservar durante varios anos. Sen embargo, en España é frecuente que, tras a floración do Nadal se bote a perder debido que descoñecemos como coidala.
A floración producese no intervalo que vai desde o mes de novembro até xaneiro, polo que se aproveita con fins decorativos nestas datas . Durante este proceso, a planta necesita abundante luz, xa que en ambientes secos ou de escasa iluminación comezaría a desprender as súas follas
Se se quere conservar a planta durante un período de tempo maior ó de Nadal a planta ten que estar situada nun lugar con temperaturas constantes, de entre 16 e 21 ºC, e que non reciba correntes de aire , sempre son mais aconsellables os lugares iluminados, sobre todo, no período de floración. En outono, inverno e primavera non importa o efecto do sol directo, en verán convén evitar o.
Encanto ao rego, este debe de ser abundante o principio , pero coidando que a terra este seca antes de volvela a regar.
Outro dos coidados esenciais para conservar a súa beleza , é evitar rociar con auga as follas de cor vermello para que non se produzan manchas en elas e se decoloren.
Aínda que son plantas de interior, tras as datas do Nadal pódense trasplantar ao xardín ou a lugares onde non reciban excesiva luz solar, podendo chegar a formar un arbusto de até 5 m. , si se conservan nunha maceta, a súa altura máxima atopase en torno aos 50 cm.
Finalmente sinalar que a flor de Pascua debese podar en primavera, cando a planta xa non ten follas. Neste proceso débense deixar os tallos con unha medida de entre 6 e 8 cm. e suspender o rego até que saian as novas follas.
Fonte infojardin

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks