24/3/09
Schlumbergera
Como remate das características das que vos informei anteriormente sobre as miñas dúas plantas de interior aquí vos deixo as da Slumbergera:
Caracteristicas:
A slumbergera pertence á familia dos Cactus. Como tal costitúe, en determinadas rexións de América, o elemento dominante da vegetación. Medran nas estepas e rexións semidesérticas, tropicais e subtropicais, frecuentemente nas montañas, sobre as rochas ou epífitos sobre as árbores. Poden presentar formas variadas: columnar,de penca , globosa... O talo é verde e brando, e soe estar provista de costillas. A inmensa maioría dos cactus carecen de verdadeir
as follas. As flores, de multiples cores, son bisexuadas, xeralemente regulares ou simétricas. As espiñas saenlle das areolas, regularmente distribuídas sobre a arísta das costillas ou sobre as protuberancias do talo. A familia das cactáceas agrupa uns 200 séneros de 2000 especies.
Multiplicacion:
Multiplícanse por esqueixes en agosto ou entre xaneiro e marzo. Arraiga en turba a unha temperatura de 22 ºC. As plantas adultas cultivanse entre 18 e 22 ºC, cunha lixeira sombra. Os capullos formanse cando o día ten de 8-9 h de luz e a temperatura nocturna é de 15 ºC.
Consellos para un bo mantemento:
Demarzo a agosto, as regas
han de ser regulares, ainda que moderadas. Pulverizar a planta de vez en cando. Limitando as regas dende mediados de agosto a mediados de setembro, favorecemos á formación de flores. A partir de outubro, reanude as regas ata finais da floración. Reduza despois a temperatura ata 15 ºC e reguea moi pouco ata marzo. Transplantala logo a un sustrato permeable, turba e terra mineral en cantidades iguais, cun pH de 5.5 a 6.5. É aconsellable engadirlle unha solución de abono completo ó 0.2% que conteña nun principio maior cantidade de nitróxeno, despóis maior cantidade de fosfatos.
19/3/09
Aloe vera
Fai un tempo regaláronlle a miña nai unha Aloe vera, agora está chea de fillos e decidín investigar sobre as características desta planta e a súa forma de cultivo.A Aloe vera é unha planta que soporta moi ben a falta de auga e é moi resistente ás pragas. Debese evitar o exceso de auga e as temperaturas inferiores de 10º.
O seu cultivo soe facerse en solos areosos e lixeiramente ácidos, cun bo drenaxe, deixando unha distancia de 2 metros entre plantas para evitar que as súas largas raíces se enreden e que se quiten recursos. A reprodución é por estolóns e preferiblemente en outono e nunca en inverno. Non é imprescindible regala pero se se fai pode chegar a recollerse dúas veces ó ano.
Cando o cultivo é doméstico, como no meu caso, e mellor empregar macetas de barro con 2 dedos de grava,que serve de drenaxe, no fondo e o resto de terra e turba a partes iguais. É unha planta que se reproduce por fillos que lle nacen ó redor, e deben separárselle cando teñan unha altura duns catro dedos. A separación pode facérselle cos dedos, buscándolle o punto de unión entre a nai e o fillo, ou sacándoa totalmente da maceta separándoa con máis precisión e coas súas raíces. Unha vez separados debemos esperar 2 semanas antes de plantalos para que lle sequen as súas feridas, pero sen expoñelos ó sol. Cando se plantan, cóbrese ata o nacemento das follas, e agardase un par de semanas para empezar a regalas dandolle tempo así a que cicatricen as feridas que se lle puideron ocasionar no transplante.
· Queimaduras
· Cortes e feridas
· Dores musculares
· Problemas dixestivos
· Psoríases, erupcións e manchas na pel
· Hemorroides e veas varicosas
· Artrite
· Sinusite e asma
· Etc.
AGUNHAS PROPIEDADES COSMÉTICAS

·A Aloe é o ingrediente de moitos produtos de beleza porque penetra nas tres capas da pel, eliminando bacterias e reducindo os depósitos de graxa que tapan os poros.
·A acción dos nutrientes, minerais, vitaminas, aminoácidos e encimas, estimulan a rexeneración das novas células.
·Úsase en cremas para hidratar e para previr enrugas, en locións para despois do afeitado, despois da depilación evita erupcións, grans e roxeces.
·Elimina manchas do sol na pel
·Etc.
Espero que vos sirva de axuda esta información e eu espero poder chegar a transplantar os fillos porque, non sei se aprecia claramente nas fotos, pero creo que a nosa planta levou unha dose demasiado elevade de auga e creo que nos está morrendo. Isto pasounos por non informarnos primeiro dos coidados que ten que recibir, xa que sempre damos por suposto que todas as plantas teñen as mesmas necesidades e non é así.
Parte desta información foi sacada dun artigo da revista dixital Jardin actual.
18/11/08
Feridas que cicatrizan

No caso da Opuntia e da Echeveria, deben deixarse cicatrizar os cortes antes de plantar as divisións, para ben ser, nunha mestura de area e turba a partes iguais.
Como experiencia persoal, comentar que eu posuía unha Opuntia (Chumbeira) a cal tiña que recortar de forma continuada para non sufrir os continuos espiñazos (debido a que non estaba situada no lugar adecuado). A planta recuperábase perfectamente das súas feridas e as partes cortadas non tiñan ningunha dificultade para enraizar.