26/3/09
Características de plantas
Bambú: Pranta herbácea, de rápido crecemento. Moi empregada nos países tropicais do sureste asiático para facer tablas, escaleiras, canas de pescar, tuberías. Coas súas fibras fanse canastos, sombreiros. Constitúe o alimento exclusivo dos osos panda. Unha das súas especies, o bambú xigante, é capaz de medrar 60 centímetros ó día. Esta variedade pode acadar os 50 metros de altura e medio metro de diámetro, na súa base.
Cacao: A árbore do cacao comezou a cultivarse en América, onde era xa un producto básico nalgunhas culturas antes de que chegaran os colonizadores europeos. No século XVI introduxose en África, que é donde máis se cultiva na actualidade. Só unhas trinta das aproximadamente 6.000 flores que se abren durante o ano chegan a formar sementes. As sementes ou fabas do cacao están pechadas nunha mazorca ou piña de cor pardo avermellada, ten un sabor amargo. Delas extraese o cacao, materia prima a partir da cal se fábrica o chocolate. Estas sementes conteñen tamén unha abundante grasa, chamada manteca de cacao, e que se emprega para fabricar medicamentos, cosméticos e xabóns.
Caña de azúcar: Da familia das gramíneas. Cortanse a man, coa axuda dun machete. A continuación, transportanse a un inxenio, que é unha fábrica donde se trituran os talos e de eles obtense o azúcar moreno.
Caqui: Árbore americano, o seu fruto cando madura é de agradable sabor. A súa madeira é pesada e dura, moi apreciada para a fabricación da cabeza dos paus de golf.
Cyca revoluta: Planta con aspecto de palmera, sen embargo están emparentadas cos pinos. De lento crecemento, pode tardar 20 ou 30 anos en medrar un metro. Esta especie é tan antiga que xa existía na época dos dinosaurios.
Drago: Esta árbore pode acadar os 30 metros. Ten follas alongadas, de nervios paralelos e cor verde grisáceo. Non se ramifica nin florece ata pasados varios anos de vida. Orixinario das Islas Canarias, ( en Tenerife está o maior e máis antigo exemplar, po que lle chaman drago milenario). O seu nome proven de Draco, que significa dragón, e de dracaena, que significa femia de dragón. Isto é debido a que a súa savia vermella e espesa, identificabase coa sangue do dragón. A esta resina atribuíanselle antigamente propiedades medicinais. Tamén se empregaban para cortar hemorraxias, e como colorante para pinturas e lacre. As súas follas son de cor azulada.
25/3/09
Características de plantas
Acelga: A parte que comemos é a folla e sobre todo o peciolo.

Alfalfa: Da famila das leguminosas, moi empregada dende o século V antes de Cristo, para a alimentación do gando, non só cabalar, senon ovino, vacuno incluso aves de corral. De gran resistencia á sequía, xa que as súas raíces son capaces de profundizar ata os nove metros na procura de auga.

Algarrobo: Ten as súas follas redondeadas, que se diferenzan fácilmente das follas da aciñeira, que ten bordes con saintes puntiagudos. Estes saintes son moito máis acentuados nas follas do acivro. O seu nome científico é ceratonia, facendo con iso referencia á forma de corno que teñen os seu froitos. As vainas da algarroba constitúen un alimento importante para o gando. As súas sementes empregaronse no Oriente como unidade de peso de metáis preciosos, dando nome ó quilate.

Amendoeiro: As súas flores son brancas, duns 4 cm de diámetro, co centro de cor rosada, no que se distinguen perfectamente os estames. As principais variedades son a da amendoa ancha de Valencia, e a alongada ou xordana de Málaga. A súa amendoa ten mucílago (para combatir o estreñimento).

Aloe: Estas prantas teñen unhas follas carnosas con espiñas nos bordes, para aguantar a sequedade, como os cactus, a as súas flores sobresaen, vermellas, en forma de espiga. Son moi frecuentes nos nosos xardíns. O seu nome procee do árabe alloeh. O zume das súas follas ten propiedades medicinais e era empregado como purgante. Unha variedade do aloe e o aloe vera, o seu zume e empregado para fabricar cremas para a pel.

Araucaria: É unha conífera. Identificase fácilmente polas súas ramas horizontais dispostas en forma de estrela ó redor do tronco, e pola gran altura que pode acadar (70 metros). O seu tronco é de cor marrón oscura. As súas piñas formanse nas ramas máis altas. No Parque de Malaga hai exemplares de máis de 40 metros. Esta árbore esixe certa humidade no ambiente, e non soporta ben as xeadas. Tamén se cultiva en macetas como pranta de interior. A pesar de ser orixinario de Australia, o seu nome deronllo en Chile. Alí os indios alimentabanse coas súas sementes. O seu tronco longo era moi apropiado para facer os paus maiores dos barcos. Tamén se emprega na construcción, e con fins decorativos. Está moi extendido na cidade de Málaga.

Árbore do amor: é unha árbore de crecemento máis ben rápido, ten unha característica copa redondeada. As súas follas son de cor verde claro, acorazonadas, de ahí o nome de arbore. Ó ser de folla caduca, ocorre que cando bota flores (febrero-marzo) non ten follas aínda. Os seus froitos son unas legumbres planas moi numerosas, da cor do ferro oxídado. Chámaselle tamén “árbore de Xudas”, porque di unha lenda que desa especie era a árbore no que se ahorcou o apostolo de Xesus.

Ave do paraíso: Hai que distinguir dúas variedades: a xigante e a pequeña. En ambalas dúas bota flores cuia forma recorda á cabeza dunha ave, de donde ven o nome desta planta. Tanto a forma da flor como o néctar que conten son para atraer ós paxaros polinizadores. A súa corola é azul e o caliz amárelo. Florece en febreiro. Non soe dar froitos, porque na nosa zona xeográfica non existen aves que soen polinizar a estas prantas.





