9/3/09
Consellos para construír unha horta

Podemos introducir plantas medicinales, aromáticas, ornamentales ou culinarias nos bordes dos bancais.


-Retirar as malas herbas.
- Elixir un terreo o máis chan posible porque e máis fácil de cultivar.
- Si o terreo está en pendente o más recomendable e que esté orientado ó sur.
- Descarte as terras pouco profundas sobre un solo rocoso xa que a súa producción será moi escasa.
- Tampouco é convinte cultivar en lugares onde a súa agua se estanca .
- Rotar os cultivos para que as plantas aproveiten todos os nutrientes.
- Para ter que regar menos o xardín ,conven rodealo dun seto e introducir cortaventos.
- Valore a posibilidade de utilizar un sistema de rego por goteo.
- Para organizar os cultivos, divida a horta en parcelas máis pequenas.
- Recorde que hai que preparar a tierra en outono ou primavera para que esté máis mullida.
17/2/09
Unha horta na cidade
Xa comeza a ser bastante comúns as mesas feitas con palés reciclados, pero cada vez atopanse máis utilidades para os palés, como por exemplo a fabricación dun pequeno contedor que nos servirá como unha especie de horta doméstica e que fará posible que aquelas persoas que non teñan o privilexio de vivir do campo poidan disfrutar igualmente dos seus productos.19/11/08
El Malaín
Este fin de semana estiven visitando a comarca de Villaviciosa (Asturias).
Alí Marta e Pablo idearon fai uns quince anos “El Malaín”; unha finca na que os clientes elixen, das mesmas plantas a froita que desexan comprar.
Principalmente adícanse á venda directa ós visitantes e á transformación de frambuesas, grosellas (vermellas e negras), moras e, sobre todo, arándanos en mermeladas e licores.
Alí mesmo, xunto á horta autoservicio, pódense degustar xelados caseiros de frambuesa e arándanos.
A mayoría das plantas que podemos observar nas fotografías son arándanos americanos ( cuios froitos son máis grandes que os silvestres), e xa teñen doce anos.
Non se lles aplica ningún tipo de fertilizante químico, herbicida nin praguicida… Tan só se lles van retirando as polas vellas e abonando coa propia materia orgánica resultante das limpezas dos corredores.
A época de máximo traballo é nos meses do verán; cando, ademáis de ter maior número de clientes (debido ó turismo) é a época de máxima producción, tendo que contar coa axuda de tres ou catro traballadores que se adican á recolección.
Esta iniciativa é unha excelente idea; os clientes quedan encantados por poder elixir a súa froita e dar un paseo polos cultivos, mentres que facilitan e aforran moito a labor de recolección.
En Malaín, agora están comezando a exportar a maior parte da producción a países como Alemaña, pois alí hai moito máis mercado.
Paréceme incoherente que o pouco que se produce aquí, e ademais de tan boa calidade, faga tantos kilómetros ata chegar ás mesas, mentres que o que se consume aquí veña doutros países (principalmente do continente americano) sinxelamente porque se lles paga unha miseria ós agricultores.
Ogallá que a xente de aquí comece pronto a valorar a calidade dos productos e poidan xurdir máis iniciativas como esta.
“El Malaín” está situado na carretera que une Gijón con Villaviciosa, vía Tazones, pouco despois de Venta de las Ranas, no primeiro desvío. Si pasades cerca paga a pena ir a velo, especialmente no verán.