Mostrando entradas con la etiqueta Flores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Flores. Mostrar todas las entradas
23/2/09
Expocamelia
Publicado por
Sandra Sánchez
1 comentarios
O pasado 14 e 15 de febreiro celebrouse unha exposición de camelia na cidade da Coruña nas instalacións "Palexco".
Eu nunca fora a unha exposición deste tipo e decidín ir, sen saber moi ben o que me ía atopar. A verdade é que levei unha grata sorpresa, aínda que non era nada como eu imaxinaba. Había un montón de mesas sobre as que había "mil e unha" flores de camelia de diferentes formas, tamaños e cores. Era espectacular ver aqueles "centros" e "ramos" de flores de camelia, aínda que eu fun o segundo día e algunhas delas xa estaban un pouco marchitas.
Alí había un cartel explicativo no que distinguía varios tipos de camelia segundo a súa forma, incluíndoas así en 6 categorías diferentes, que son as seguintes:
- Simple: unha ringleira de 6 a 7 pétalos (menos de 8) rodeando a un círculo central de estames. (C.wabisuke uraku)
- Semi-doble: dúas ou máis ringleiras de pétalos (máis de 8) rodeando a un círculo central de estames. (C. japonica magnolia)
- Dobre incompleta: numerosos pétalos imbricados, véndose os estames cando abre a flor. (C. japonica sweetheart)
- Dobre completa: numerosos pétalos imbricados e nos que non se ven os estames aínda que a flor esté aberta. (C. japonica nuccio´s gem)
- Anémona: Centro globular formado por estames e petaloides, rodeado dunha ou máis ringleiras de pétalos externos. (C. japonica bokuhan o tinsie)
- Peonía: flor totalmente globosa con mezcla de pétalos irregulares, petaloides e estames. (C. japonica do pozo)
En casos excepcionais, hai flores que non se axustan complemetamente a este esquema.
Espero que vos gusten estas imaxes, que eu mesma saquei, e poidades ver, dunha maneira un pouco esquematizada, esta espectacular exposición.
Etiquetas:
Camelias,
Exposicións,
Flores
27/1/09
Orquideas galegas
Publicado por
Rocio Gardes
2
comentarios
Todos vimos ou tivemos algunha vez una orquídea; son coñecidas principalmente pola sua elegancia, fraxilidade, dificultade de cultivo, e moito, polo elevadísimo prezo que chegan a acadar nas floristerías. (Xeralmente entre 60 e 100 €)

A nomenclatura “orquídea”, procede do termo “orchis”, que significaba testículos, facendo referencia ós tuberculos radicais esféricos que presentan algunas variedades, dando lugar a nomes común como “compañons” ou “testículos de can”.
Dende tempos moi antigos foron consideradas as suas propiedades menciñais, principalmente como afrodisíacos (teoría descartada científicamente), ainda asi seguese recolectando en países do oriente próximo (Turquía…) para elaborar una bebida afrodisíaca, tónica e expectorante; utilizando tuberculos do xenero “orchis”, “aceras”, e “ophrys”, exercendo gran presión sobre as suas poboacións (xa que requiren hasta 4000 plantas para obter 1 l. de producto.
A familia das orquídeas é una das mais numerosas dentro das anxiospermas, e consideranse o grupo mais diverso e evolucionado entre as monocotiledoneas.

En xeral se fala da existencia de mais de 20000 especies repartidas entre uns 800 xeneros, con gran variedade de formas e tamaños: desde orquídeas agaveadoras de ata 10 m. de altura como algunhas do xénero "Vanilla".
Ata outras de tan so 5 mm. bulbophillum adoardii

Localizanse naturalmente por case todo o mundo, agas en climas moi extremos. A maior diversidade atopase nos trópicos, en zoas de elevada humidade ambiental.
En Europa xurden xeralmente na primaveira ou algunas , no verán, de baixo a terra, de uns talos tenros e erguidos e coroados por unas flores incriblemente adaptadas á polinización dos insectos.
Por estas características e outras como; os fenómenos de coevolución entre insectos e orquídeas tanto europeas como tropicais… xa en 1888, Darwin apasionouse por elas, e as definiu como todo un misterio.
E ó certo é que a sua incrible beleza, cantidade de variedades e exotismo, o seu sofisticado sistema de reproducción e rareza; fan das orquídeas un obxecto de alto valor para o ser humano, desde os puntos de vista científica, estético e económico.
En Europa chegaronse a contabilizar 450 sp de 28 xeneros (Del forge 2002); Na Península, unhas 90 sp. Duns 25 xéneros (Aedo e Herrero 2005)… E aquí, en Galicia, malia que vos sorprenda, temos 39 sp, descubertas ata o momento, cuns 18 xéneros...
Ainda que eu penso que hai mais, pois quedan moitas zoas por estudar, zoas non alteradas ou abandoadas fai moito polo home. Os incendios, repoboacións de eucaliptos e piñeiros, e a transformación do medio para o uso agro-gandeiro, industrial ou urbanistico, mermaron moito a presenza destas plantas.
Aquí, podemos atopalas en bosques caducifolios e en prados e pradeiras pouco transitadas, tamén se poden ver en sistemas dunares.
Como vos dixen, a min impresionoume a gran desinformación que temos os galegos, dos tremendos tesouros que podemos atopar sinxelamente mirando ó chan... E penso que isto debese principalmente a desidia dos entes informativos por todo o que teña que ver co medio natural.
Neste subdesenrolo cultural ten moito que ver a Administración, que non incentiva economicamente o estudo da diversidade vexetal, e considera como únicas prioridades atender as demandas de cazadores e pescadores, ou os problemas derivados da productividade madereira, co enga
dido dos incendios...Posto que as orquideas se tratan dunhas plantas moi fraxiles e sensibles as alteracións do seu habitat, 25 das 39 sp. galegas estan protexidas pólo Convenio CITES (Convection International Trade in Endangered Species), (BOE 30 de xullo 1986). O que é sorprendente, é que no Catalogo Nacional de Especies Amenazadas só se inclue 1 representación da família Orchidaceae, a sp. “Cypripedium calceolus” en perigo de extinción.
Por isto, póla escasede das suas poboacións, póla sua beleza e inmenso valor ecoloxico, compre recordar que non se deben danar, arrincar ou recoller as orquídeas. Observemolas, pintemolas, fotografiemolas... E así todos poderemos disfrutar delas.
Neste enlace atoparedes fotos moi bonitas:
http://www.flickr.com/photos/luizfilipevarella/
Etiquetas:
Flores
1/12/08
Non só florece na primevera
Publicado por
Francisco Romar
2
comentarios
A época de tránsito entre verán e inverno solele afectar negativamente ás plantas.
O cambio de temporada fai que moitas plantas perdan a súa beleza e rematen por murcharse sobre todo en climas extremos.O tránsito entre a seca do verán e o frío e a humidade do inverno é moi beneficioso para moitas especies.
Exemplos de plantas fáciles de manter, con necesidades similares e que resisten ben o inverno:
- Hedra: Adáptanse ben a calquera tipo de chan, incluso a terras sen moitos nutrientes. Sólo hai que mantela lonxe da luz directa do sol.
- Crisantemo: Con unha gran variedade de cores para elixir, é a flor típica desta época.
- Lírio: Ainda que nesta época non loce flores, ten unhas follas moi alegres de cor verde intenso.

- Narciso: Outra planta con flores en inverno. É moi fácil de manter, xa que non lle afecta o frío.

- Caléndula: Con flores durante todo o ano, só necesita estar exposta en semisombra ó descuberto.
Vía:
Etiquetas:
Flores
29/10/08
Suscribirse a:
Entradas (Atom)