4/3/10
A camelia patrimonio cultural de Galicia
A camelia, orixinaria de oriente foi introducida en Europa, chegando a Galicia, ata converterse en a maior produción ornamental de Galicia. Nun principio a camelia so estaba presente nos pazos señorais, con alto poder adquisitivo. Pero a partir do seculo XIX o seu cultivo foise xeneralizando, debido a que as condicións climáticas e de solo de Galicia son idóneas para o seu cultivo.
No video fálonos da importancia da camelia en Galicia e dows estudios que se fixeron na E. F. do Areeiro, como o estudio do seu aceite.
24/11/09
UNHA ARMADA DE CAMELIAS.
Sin dubida un dos viveiros de maior produción de camelias atópase en Galicia, concretamente na carretera que discorre de Santiago a Silleda á altura de Rivadulla.
O seu propietario non é outro ca o xeneral Alfonso Armada (amigo do rei condenado polo 23-F)que é un namorado das camelias. No seu pazo de Santa Cruz de Rivadulla produce preto de 100.000 camelias/ano que exporta por toda Europa e que na época de floración supón un espectáculo visual.
Na granxa Ortigueira como é coñecido o viveiro do pazo, entre outras moitas variedades, producen unha que leva o nome da finca, Camelia japonica cv "Ortigueira".
A visita ós xardíns de finca custa sobre tres euros/persoa pero merece a pena. A demáis das camelias, podemos ver gran variedade de árbores e un paseo de olivos centenarios.
Camelias en Galicia
Buscando información para o post de viveiros,atopei unha páxina web bastante interesante sobre as camelias en Galicia, ten moitas fotos e información das variedades que se cultivan na nosa comunidade.
www.camelias.net
2/3/09
Concurso internacional de Camelias
23/2/09
Expocamelia
- Simple: unha ringleira de 6 a 7 pétalos (menos de 8) rodeando a un círculo central de estames. (C.wabisuke uraku)
- Semi-doble: dúas ou máis ringleiras de pétalos (máis de 8) rodeando a un círculo central de estames. (C. japonica magnolia)
- Dobre incompleta: numerosos pétalos imbricados, véndose os estames cando abre a flor. (C. japonica sweetheart)
- Dobre completa: numerosos pétalos imbricados e nos que non se ven os estames aínda que a flor esté aberta. (C. japonica nuccio´s gem)
- Anémona: Centro globular formado por estames e petaloides, rodeado dunha ou máis ringleiras de pétalos externos. (C. japonica bokuhan o tinsie)
- Peonía: flor totalmente globosa con mezcla de pétalos irregulares, petaloides e estames. (C. japonica do pozo)
16/10/08
Camelias "made in" Galicia
Atopei no xornal “El Correo gallego” unha noticia na que conta que Galicia é a principal productora a nivel mundial de camelia.Disto falou o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, na inauguración do primeiro simposio iberoamericano e as cuartas xornadas ibéricas de horticultura ornamental que se levou a cavo na cidade pontevedresa. Tamén se comentou que é una das comunidades nas que máis creceu o nivel das exportacións de planta ornamental fronte aos mercados tradicionais;e a gran cantidade de viveiros de planta ornamental que hai na comarca do “Baixo Miño”.
A presidenta do comité organizador e responsable da área de fruticultura e ornamentales da Estación Fitopatolóxica do Arieiro destacóu o xiro productivo dos viveiros galegos que pasaron de producir flores para o seu posterior corte a producir plantas de viveiro, isto ocorreu debido a entrada de productos que procedentes de Sudamérica.
A min pareceume una noticia moi curiosa xa que non coñecia dita información, asi que espero que vos guste.