2/3/09
Concurso internacional de Camelias
Publicado por
xose calvo
Este fin de semana Vilagarcía de Arousa celebrouse a 45 edición do Concurso-Exposición Internacional da Camelia, o máis importante dos que se celebran en Galicia, e o recinto de Fexdega converteuse por primeira vez na sede do evento. Escolleuse este recinto polas excelentes condicións de luz natural que posúe, así como pola boa accesibilidade que presenta . Este concurso celébrase dende 1965, alternando a súa sede anualmente entre os concellos de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa. Para presidenta da Sociedade Española da Camelia, Carmen Salinero, esta mostra é a mellor das exposicións dedicadas a esta flor e os cultivadores de camelia reservan os seus mellores exemplares para este certame. O certame ten 2 premios : 'Camelia de ouro', que se entregá o concursante que presente o conxunto de variedades máis destacado en canto a número e calidade das flores, este ano o gañador foi Suso Costa . Por outro lado o premio 'Antonio Odriozola' entregase á flor individual máis destacada que se presente ao certame. Cada concursante poderá presentar un máximo de cinco variedades, representada cada unha por unha única flor. Deixovos un video do concurso fonte TVG
Etiquetas:
Camelias
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario