7/3/09
Os benefícios de ter plantas en casa
A natureza é sabia. Demostrounolo durante séculos e segue facendoo agora.
As flores e plantas coas que decoramos as nosas casas non están só para facelas mais bonitas... Os benefícios que reportan estes seres vivos son indispensables para a nosa saúde, o noso estado de ánimo e, en xeral, para manter unha calidade de vida dunha forma sinxela e natural.
As suas propiedades físicas e químicas traen consigo moitas vantaxes. Pero, para desfrutar delas, o primeiro que temos que facer é incluílas nos nosos fogares.
Renovan a calidade do ar
Unha das principais actividades que realizan as plantas, é a filtración do ar a través dun proceso vital chamado fotosíntese: o dióxido de carbono é absorbido e transformado en osixéno que, de novo, será expulsado ao exterior, renovando asi a calidade do ar.
O ciclo habitual da fotosíntese levase a cabo pola mañá, xa que as plantas aproveitan a luz solar para dita actividade.
Pero existen outros grupos de plantas pertencintes a ambientes calurosos, que invirten a orde e realizana pola noite. Éste é o caso das orquídeas e as bromeliáceas. Polo tanto , é aconsellable que se combinen ambas clases para desfrutar do ciclo as 24 horas do dia.
Humidifica o ambiente
Unha planta incrementa a humidade no ar. Isto nos beneficia porque contribue a que manteñamos as nosas mucosas, a gorxa e a pel ben hidratadas. Asimesmo, evita que padezcamos outros males derivados dun ambiente seco como son a tose ou a irritación da pele.
Raphis Marantha, aumenta ata un 5% o nível de humidade no ar.
Limpian a atmosfera
Son un remédio natural contra a polución: absorben gases nocivos e partículas químicas como fume do tabaco, o benceno (tamén existinte nos cigarros) ou o tricloroetileno (pegamento de aerosol). Estes contaminantes son procesados pola planta e transformados en nutrientes, coa axuda dunhas bactérias que se atopan na raiz. Para conseguir uns resultados palpábles, é necesário facerse cun grupo de distintas espécies.
Remece o fume, microorganismos patógenos, volátis... e capta o pó, reducindo a sua presenza no ar até un 20%. Grazas a esta limpeza, a sensazón de fatiga que experimentamos, como consecuencia dunha atmosfera cargada, diminue.
Ter plantas na casa ten efectos psicolóxicos e anímicos positivos. O contacto que manteñas con éstas, non determinará ditos efectos, pois serán favorables tanto se as contemplas como se traballas con elas. Ainda que coidalas, e conseguer bos resultados, e unha gran satisfaccion para engadir a longa lista de beneficios.
Reducen o teu estrés, relaxaten e animante. Incrementan o nível de concentración e comprensión, ainda que so sexa pola tranquilidade que aportan. Ademais, creese que un enfermo se recupera mais rápido e mellor en presenza de flores e plantas.
A sua inclusión nas nosas vidas influe tanto e tan positivamente que as empresas están introducindoas nos seus lugares de traballo para quitar partido dos seus benefícios.
Psicoloxicamente resultan ser un estimulante san e natural. Delas derivaron a cromoterapia e a aromaterapia, técnicas que ratifican a influéncia dos arrecendos e as cores, ademais das funcións físicas e químicas das plantas, estimulan e crean unha sensazón de benestar nas persoas...
E é que velar pola saúde das plantas non é só un ben que facemos á natureza. Todos saímos gañando.
2 comentarios:
Eu sempre estiven a favor de ter plantas na casa,pero con esta información que nos proporcionas convencesme máis se cabe.
Ai! Rocío ti e todos os teus post, tan traballados, con tanta e tan boa información, a verdade é que son un pracer para ler con ese sentido tan persoal que logras transmitir a través deles. Tamén para ti foi unha aprendizaxe dura, pero creo que positiva (ou eso espero) en calquera caso para min é un pracer ler estos posts teus.
Publicar un comentario