6/3/09
Como cultivar un bonsai
A arte dos bonsais orixinouse en China fai uns 2000 anos .Os bonsáis son símbolos de eternidade e representan a ponte entre o divino e o humano, o ceo e a terra.
É convinte cultivalos no exterior durante todo o ano. No caso das especies tropicais estas han de protexerse das baixas temperaturas introducindoas nun invernadero ben iluminado.
REGO
Solo se regará cando a superficie da terra esté seca, deberemos regar a fondo, e decir ata que a auga saia polos buracos de drenaxe ,pero de todas formas teremos coidado xa que estes arbores son sensibles as acumulacions excesivas.
O rego vai a depender da época do ano. A auga empregada estará templada e terá Ph entre un 5´5-6´5.
É importante non expoñer o bonsai ó sol despois de regalo xa que as gotas de auga actúan como lupa ante o sol e poderían chegar a queimar as follas.
PODA
A poda é un proceso que consiste en eliminar aquelas partes vexetais que non son necesarias, que non resultan esteticamente agradables ou que dificultan a produción. Para a correcta poda dun bonsái seguiremos os seguintes pasos:
1)Pensar a forma que lle queremos dar a arbore.
2)Cortar as ramas do tronco.
3)Cortar as ramas antiestéticas.
4)Cortar as ramas que crezan en dirección ó solo.
5)Cortar as ramas que crezan dende un mismo punto.
6)Cortar as ramas resquebrajadas.
7)Cortar as ramas que se agrupen dende un mismo punto.
8)Deixar crecer o espesor das follas e modelalo de vez en cando.
ABONO
O abono máis adecuado é o organico sólido .Debese abonar sobre todo durante o periodo de crecemento e formación de xema s.Durante o periodo de reposo vexetativo é preciso deixar de abonar salvo que sexa un cultivo de interior .Non se deberán abonar plantas enfermas ou débiles, nin durante os trinta días posteriores a un transplante ou a unha poda.
TRANSPLANTE
Para realizar un transplante correcto deberemos escoller o periodo adecuado para que a planta non se resinta demasiado .Os recipientes dos bonsáis teñen uns buracos no fondo que impiden que se estanque a auga ,por eso antes de empezar deberemos colocar unha malla sobre eles co obxeto de que o sustrato non se escape.
A continuación cortaremos sobre 40 cm de alambre que enroscaremos ó redor dunha varilla metálica ;dende a parte de abaixo do recipiente introducese o alambre entre os buracos da malla e xirando o recipiente para que se pegue ó fondo .Agora xa podemos introducir no recipiente a primeira capa de terra.
Unha fase importante e delicada da operación de trasplante é a limpeza e examen das raíces da planta ca que se traballa. Hai que distinguir cáles eliminar porque estean mortas ou porque se engrosen en exceso.
Unha vez limpias as raíces colocaremos o bonsái no recipiente . Finalmente con gran delicadeza anclaremos co alambre o aparato radicular da planta, recubrindoo na súa totalidade con terra e por último regaremos.
0 comentarios:
Publicar un comentario