6/3/09
Herba de Namorar
-Familia: Plumbaginaceae
-Nombre latín: Armeria pubigera
-Nombre común: Herba de namorar, Hierba de enamorar
É unha planta leñosa de folla perenne que se caracteriza por posuir as flores en capitulos normalmente de cor branca ou rosa claro, medra formando pequenos matos, o seu habitat fundamental son os roquedos graniticos e ocasionalmente podemolas atopoar en areais sempre próximos ao mar.
É unha planta agradecida xa que soporta ventos fortes e ambientes salobres. As súas follas, estreitas e liñais, son dunha cor verde intensa. A súa floración ten lugar no verán, entre os meses de maio e xuño e ás veces durante o outono.
Tamen se pode empregar como planta ornamental en xardíns, como tapizante de solos pobres e areosos ou para cubrir espazos entre rochas. Entre as variedades máis cultivadas destacan a Armeria maritima alba, de flores brancas, e a Armeria maritima vindictive, de flores rosa vivo.
A súa reprodución ten lugar no verán. A herba de namorar espállase por esquexes ou por división de matas a comenzos da primavera
Di a lenda que se arrancamos unha flor dela e a gardamos no bolsillo da persoa que queres sin que ela se de conta,consuiges que se namore de ti.
1 comentarios:
Que fermosas lendas temos en toda Galicia e é verdade que esa de namorar está moi estendida, e como din que si o río soa auga leva, tal vez debades probar a ver si resulta...
Publicar un comentario