Mostrando entradas con la etiqueta Plantas de interior. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plantas de interior. Mostrar todas las entradas
19/1/12
CATALOGO DE PLANTAS DE INTERIOR
Publicado por
Nuria Presas
0
comentarios
ola!
Unha vez máis colgamos o noso catalogo de plantas de interior. Espero que vos poida axudar polo menos a identificalas para o examen pois a venda delas de mometo vexoo algo complicado.A ver se vos gusta.
Etiquetas:
Plantas de interior
2/3/09
Ficus elastica
Publicado por
Rocio Torreira
0
comentarios
Continuando co meu traballo de plantas de interior, agora vouvos falar do Ficus elastica:- Características:
Grandes follas ovaladas, grosas, barnizadas. É originario da India Oriental e Malasia. A especie deu orixe a varios cultivares moi apreciados, como “Decora” , “Robusta” ... con follas de varias cores.
Multiplicación:
Poden multiplicarse ó longo de todo o ano por medio de esqueixes de punta de 4-5 follas, ou esqueixes de talo con unha xema ben desenrolada. Sumerxese o esqueixe en auga temperada para disolverlle o zume leitoso. Plántase nunha mezcla de turba e area a partes iguail, coas follas voltas cara o tal
o coa axuda dunha goma e cobrense cun plástico. No interior, os esqueixes do ficus chegan a botar raíces incluso nun vaso de auga. Durante o enraizamento, a temperatura do aire deberá ser de 26 – 30 ºC. A continuación reducirase a 18 - 20 ºC. As plantas máis vellas acomódanse en inverno a unha temperatura de 15 ºC.
Consellos para o seu bo mantemento:
No inverno, e convinte colocar
a planta nun lugar iluminado, limitando considerablemento as regas e reducindo a humidade do aire. No verán hai que regala abundantemente e pulverizar toda a planta, pode colocarse a pleno sol, unha vez esté aclimatada. Transplantase todos os anos, de marzo a agosto. Os ficus gustan dun sustrato rico en humus, como pode ser a mezcla de mantillo, follas e turba, cun pH de 5.5 a 6.5. É preciso engadir regularmente, entre o mes de febreiro e novembro unha solución de abono concentrada ó 0.3 %.
Etiquetas:
Plantas de interior
Suscribirse a:
Entradas (Atom)