8/11/08
Xeneralidades do cultivo do crisantemo
Existen datas moi sinaladas no calendario, nas cales a venta de flores se incrementa de forma moi considerable. O día 1 de novembro é, sen dubida , unha das máis importantes, por non dicir a principal. O día de Tódolos Santos é a fecha na que todos os cemiterios lucen as súas mellores galas, e dicir, predominan as flores naturais.
Unha das flores que se relacionan con este día son os crisantemos. É unha planta moi esixente en termos nutricionais, e os engados de fertilizante deben facerse de forma axeitada para a obtención da floración ó principio de novembro.
En canto ás necesidades do seu cultivo, en termos xerais, convén facerlle un aporte de calcio e magnesio tralo “desmoche”, para mellorar a formación de talos e brotes robustos e máis para que se formen aparatos foliares de alta eficiencia fotosintética.
Tamén se soen aplicar inhibidores do crecemento, para previr o “afiamento” das plantas por falta de luz. Desta forma limitase o crecemento vexetativo, favorecese a indución a flor e fai que soporten mellor os tratamentos hormonais enraizantes. Tamén se poden facer tratamentos para aumentar a consistencia dos tecidos das flores.
No mes de outubro, como consecuencia das variacións de temperatura, aconsellase aplicar algún tipo de fertilizante que preveña as carencias de microelementos que se poidan ocasionar, o cal provocaría a depreciación do produto a causa do amareleamento dos aparatos foliares.
As necesidades de nitróxeno, fósforo e potasio nas diferentes fases fenolóxicas, cóbrense por medio de fertirrigación.
A información sobre o cultivo foi sacada dunha noticia de Horticom News, Necesidades del cultivo del crisantemo.
4/11/08
Unha visita polo sequeiro de Carballo
Estando inmerso nas oposición de Axente Forestais de Galicia, e tendo que estudiar un tema que era o de Sementes, me pareceu que a mellor que podía facer era velo in situ, porque unha imaxe val máis que mil palabras, e sobre todo máis que mil repasos ao tema. Así que dito e feito, organizamos unha compañeira máis eu e foimos cara aló, e serviume de moito. Agora quero compartir estas fotos que saque alí con vos. Espero que os axuden como axudáronme a mín.
Unha forma de dispersión de semente
Anemocoria
En botánica chámase anemocoria á forma de dispersión dos propágulos na que é o vento o que produce o transporte.
As plantas producen propágulos en forma de sementes, desnudas ou acompañadas por partes derivadas de outros órgaos, que idealmente deben espallarse a certa distáncia. A vantaxe obtida da dispersión lexana é múltiple: a espécie atopa unha oportunidade de estender a sua área; os pés que medran xuntos non estarán tan emparentados (non serán tan "consanguíneos") o que aumentará o vigor do seu proxenie comun; os novos indivíduos non competirán polo espazo e os nutrintes coa planta mai.
Hai varias formas de promover o alexamento dos propágulos, que permiten distinguir sobre todo a zoocoria (dispersión con auxilio de animais) e a anemocoria.
A anemocoria se basea en xeral en sementes pequenas e secas dotadas ou acompañadas de estruturas que aumentan a sua superfície e o seu cofamento co ar.
via un diario forestal
Técnicas de cultivo
Éste é un vídeo no que nos ensinan como se sementan, medran e xerminan sementes, todo a nivel caseiro. Preséntanoun traballo moi semellante á práctica que tivemos que realizar nos días atrás.
Sementes ecolóxicas
REQUISITOS PARA PRODUCIR PLANTA ECOLÓXICA EN SEMENTEIROS
As pautas para producir planta ecolóxica veñen recollidas no regulamento da unión europea , así mesmo terase en conta a lei estatal
Según estas normas establécense unha serie de requisitos básicos para a produción de planta ecolóxica
1- Almacenamento do material: Debede de estar separada da zona non ecolóxica
2- Maquinaria de sementeira Normalmente estas maquinas son compartidas nas sementeiras non ecolóxicas , evitaranse os riscos de contaminacións . Os productos usados para a limpeza das maquinas veñen reflectidos no Anexo II do regulamento da unión Europea.
3- Cámara de xerminación:As plantas ecolóxicas deben estar diferenciadas das non ecolóxicas , a limpeza destas cámaras farase conforme o Anexo II.
4- Enxertos: Sepáranse dos non ecolóxicos , e seguen os mesmos criterios para a súa limpeza.
5- Unidade de cultivo: Deberan estar separadas das non ecolóxicas por unha barreira física para evitar a contaminación . A fertirrigación e tratamentos fitosanitarios serán independentes.
6- Sementes: Aseguraremosnos que foron producidas sen usar organismos modificados xeneticamente , seguindo as normas da producción ecolóxica, utilizar productos fitosanitarios recollidos no regulamento da unión europea .
7- Bandexas: Deberan estar diferenciadas e identificadas en todo o proceso de producción . O material será reciclable.
8- Substrato: Turba , mantillo ou compost, serrin de madeira , cinzas de madeira. A estes materiais poderase engadirlle vermiculita, perlita e calquera fertilizante de orixe organica ou mineral incluída no Anexo II.
9- Control das pragas e enfermidades : Utilizaranse productos recollidos no Anexo II . Plaguicidas (rotenona, piretrinas naturais , Bacillus thurigiensis ) . Funxicidas( xofre , lecitina de soxa, cobre- máximo 6 kilos o ano-.