4/11/08
Unha forma de dispersión de semente
Anemocoria
En botánica chámase anemocoria á forma de dispersión dos propágulos na que é o vento o que produce o transporte.
As plantas producen propágulos en forma de sementes, desnudas ou acompañadas por partes derivadas de outros órgaos, que idealmente deben espallarse a certa distáncia. A vantaxe obtida da dispersión lexana é múltiple: a espécie atopa unha oportunidade de estender a sua área; os pés que medran xuntos non estarán tan emparentados (non serán tan "consanguíneos") o que aumentará o vigor do seu proxenie comun; os novos indivíduos non competirán polo espazo e os nutrintes coa planta mai.
Hai varias formas de promover o alexamento dos propágulos, que permiten distinguir sobre todo a zoocoria (dispersión con auxilio de animais) e a anemocoria.
A anemocoria se basea en xeral en sementes pequenas e secas dotadas ou acompañadas de estruturas que aumentan a sua superfície e o seu cofamento co ar.
via un diario forestal
0 comentarios:
Publicar un comentario