Mostrando entradas con la etiqueta Asociacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asociacións. Mostrar todas las entradas

10/12/09

Vifoga

1 comentarios

Asociación de Viveiros Forestais de Galicia
Neste artigo pretendo falar de vifoga(asociación de viveiros forestais de Galicia) que foi creada o 1 de abril de 1977, como unha asociación sen ánimo de lucro.
O seu ámbito de actuación é o territorio de Galicia e Asturias, fixando o seu domicilio na rúa das Hedras, 6 1º S en Milladoiro-Ames (A Coruña).
Os fins da asociación son:


Representar, defender e promover os intereses dos asociados e promover nos mercados a planta forestal, programar as accións necesarias para cubrir a demanda do mercado de planta forestal, establecer as normas de calidade que atinxan á planta forestal producida polos seus asociados, tendo en conta a lexislación existente e as normas da U.E, fomentar a solidariedade e relación entre os seus asociados, así como a difusión de coñecementos entre estos, organizar cursos, xornadas técnicas, seminarios, conferencias, viaxes de estudos e outras actividades formativas, facilitarlles a máxima información aos seus asociados. fomentar accións tendentes a conseguir tanto a comercialización como a adquisición de produtos en común, negociar convenios coa Administración e con calquera empresa pública ou privada, informar e asesorar a Administración naquelas normas que puidesen afectar o sector viveirista, elaborar informes, boletíns, fichas técnicas, proxectos, estudos monográficos, etc. sobre temas de interese para os viveiros, o sector forestal e a comunidade en xeral, e por último integrarse, se procede, noutras asociacións.
Para a consecución destes fins, a asociación mantense en constante relación con aquelas entidades e organismos da Administración pública, así como con aquelas organizacións de carácter privado, público ou semipúblico que puidesen estar relacionadas coa produción, comercialización e promoción da planta forestal.
OS VIVEIROS ASOCIADOS SON:
AGROTECNIA VIVERO FORESTAL. BOIBEL FORESTAL S.L. BRAÑA,S.C.L. CENTRO FORESTAL RÍAS BAIXAS, S.L. ENRIQUE MAGDALENA NOGUEIRAFOMENTO VEGETAL, S.L. HIFAS DA TERRA, S.L. NORTE FORESTAL, S.A. (NORFOR) SYLNOR, S.L. VIFORSA, S.L. VIVEIROS ANÓSVIVEIROS CALDAS, S.L. VIVEIROS COSTA DE LÓNGARAS, S.A.T. VIVEIROS FORESTAIS MAÑENTEVIVEIROS O POMARIÑO, VIVEIROS O POMARIÑO, VIVEIROS O REGO , VIVEIROS REFOXOS, S.L. VIVEIROS TEIXEDELOS, S.C. VIVEIROS TEIXEDELOS, S.C.






Ver Vifoga Asociación Viveros Forestais de Galicia en un mapa más grande


19/11/09

ASPROGA

0 comentarios



Asproga é unha asociación de productores de plantas ornamentais en Galicia, que na actualidade conta con 46 asociados, contando polo tanto cunha alta porcentaxe da produción galega.

O obxectivo que perseguen os viveiristas é producir plantas de calidade , que permita atender a demanda actual, que na actualidade é insuficiente para abastecer a demanda que chega do exterior. Por iso penso que é de vital importancia a creación dunha organización como é ASPROGA, reunindo os principais productores galegos de planta ornamental con unhas ideas compartidas entre todos os asociados, por uns intereses comúns. ASPROGA leva a cabo unha serie de actuacións ; donde destaca a representación e defensa dos asociados, asi como asesoramento nos problemas que lles poidan xurdir. Así tamen, realizan estudios, tanto económicos como técnicos coa finalidade de que os asociados obteñan maior rendemento. Cada dous meses ASPROGA tamén edita unha revista, que distribúe entre os asociados, que lles resulta moi útil para estar informados de todo o que pasa na asociación e no sector da horticultura ornamental.
ASPROGA, tamén é membro da Federación Española de Asociaciones de Productores-Exportadores de frutas, Hortalizas, Flores e Plantas Vivas (FEPEX), da Agencia española para a Promoción de Flores e Plantas e do Instituto Español do Comercio Exterior (ICEX).

Aquí deixobos un enlace a páxina web de ASPROGA, no que podedes encontrar información sobre os viveiros que forman parte na asociación, así como as especies que producen os mesmos, ou mesmo como a maneira de asociarte a esta asociación.
http://www.asproga.com/



Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks