22/4/09

Boa viaxe e boa sorte!!!

3 comentarios

Con mis maestros he aprendido mucho; con mis colegas, más; con mis alumnos todavía más. (Proverbio Indú)

Hoxe, e despois duns días, nos que xa rematou o curso, xa se fixeron os exames, xa tedes as notas e estades a facer prácticas en empresa, decido PECHAR este blog, non sei si definitivamente, ou si o retomaremos o curso que ven con novos alumnos, ou si nos mergullaremos noutras ferramentas ...iso non o teño aínda claro, pero si quería pechar unha experiencia que foi marabillosa, e apetecíame facelo dándovos a vos, ós meus alumnos e alumnas, un digno final para un traballo fantástico. Gustaríame despedirme de vós contándovos a miña experiencia con este EXPERIMENTO que levamos a cabo de forma conxunta:
  • Dicirvos que foi un pracer traballar conxuntamente con vós.
  • Que aprendín tanto de vós!!! que non teño máis que darvos as grazas.
  • Que estivo xenial o experimentar novos derroteiros na miña forma de ensinar, cunha xente tan fantástica que merece todos o meu respecto e consideración.
  • Que fixéstedes un traballo duro, pero creo que mereceu a pena.
  • Que me encantou que protestarades, cando o considerastes oportuno, dunha forma tan respectuosa, pero facendo valer a vosa opinión (nunca esquezades isto, as formas son moi importantes si se quere ter razón).
  • Que vou botar en falta os desánimos de Sandra, os artigos "especiais" de Xosé Manuel, o bo facer sempre serio de Julio, a timidez de Rocío T, a frescura e as ideas claras e comprometidas de Rocío G., as protestas porque non lle sae o que quere de Rocío S, a seriedade e paciencia de Manuel, as ocorrencias xeniais de Amable, o sorriso pícaro de Fran, e as parrafeadas consigo mesma de Natalia como si estivese soa na clase.... e ata a Juan que aínda que non tiña este módulo, invitámolo a participar pero só nos deu ánimo dende fora do rodo (OS ÁNIMOS TAMÉN AXUDAN) e a Marta que comezou neste proxecto aínda que o deixou pronto, esperemos que o retome con novas ilusións.
MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS.
FOI UN AUTÉNTICO PRACER.


SORTE NA NOVA ETAPA QUE INICIADES, ESPERO QUE O MUNDO LABORAL SEXA BENÉVOLO E VOS DE A OPORTUNIDADE QUE MERECEDES. ¡¡¡¡BOA VIAXE!!!

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks