22/4/09
Boa viaxe e boa sorte!!!
Publicado por
Anónimo
Con mis maestros he aprendido mucho; con mis colegas, más; con mis alumnos todavía más. (Proverbio Indú)
- Dicirvos que foi un pracer traballar conxuntamente con vós.
- Que aprendín tanto de vós!!! que non teño máis que darvos as grazas.
- Que estivo xenial o experimentar novos derroteiros na miña forma de ensinar, cunha xente tan fantástica que merece todos o meu respecto e consideración.
- Que fixéstedes un traballo duro, pero creo que mereceu a pena.
- Que me encantou que protestarades, cando o considerastes oportuno, dunha forma tan respectuosa, pero facendo valer a vosa opinión (nunca esquezades isto, as formas son moi importantes si se quere ter razón).
- Que vou botar en falta os desánimos de Sandra, os artigos "especiais" de Xosé Manuel, o bo facer sempre serio de Julio, a timidez de Rocío T, a frescura e as ideas claras e comprometidas de Rocío G., as protestas porque non lle sae o que quere de Rocío S, a seriedade e paciencia de Manuel, as ocorrencias xeniais de Amable, o sorriso pícaro de Fran, e as parrafeadas consigo mesma de Natalia como si estivese soa na clase.... e ata a Juan que aínda que non tiña este módulo, invitámolo a participar pero só nos deu ánimo dende fora do rodo (OS ÁNIMOS TAMÉN AXUDAN) e a Marta que comezou neste proxecto aínda que o deixou pronto, esperemos que o retome con novas ilusións.
MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS.
FOI UN AUTÉNTICO PRACER.
FOI UN AUTÉNTICO PRACER.
SORTE NA NOVA ETAPA QUE INICIADES, ESPERO QUE O MUNDO LABORAL SEXA BENÉVOLO E VOS DE A OPORTUNIDADE QUE MERECEDES. ¡¡¡¡BOA VIAXE!!!
Etiquetas:
Fin de curso
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Como ves, sigo visitando o noso traballo e é que aínda que che pareza mentira voto de menos os compañeiros, os profesores e as clases (estas en menor medida), eu paseino moi ben facendo este ciclo e para min ir as clases non era un suplicio senón un pracer, facia tempo que non me atopa tan agusto e con xente tan boa e comprensiva, igual tamén foi por esa necesidade que eu tiña que estes dous anos me marcaron tanto e que incluso me fixeron cambiar. Estou moi agrecida ca forma con que me trataron todos os profesores, síntivos coma amigos.
Estivo moi ben a idea de facer este blog pois cando sinto esa morriña acudo a el, vexo a foto dos meus compañeiros e partome de risa cando vexo o post de Natalia que fixo sobre as practicas que fixemos neste módulo, pois son moitos os recordos que me veñen a cabeza.
E para que me sigas recordando vou seguir protestando, como é típico en min. Como ves gústoume moito a idea do blog en produción de planta como complemento a asignatura, dicir tamén que aprendín moito, pero non me gusta a idea do blog para proxecto porque creo que non se axusta todo o que debe os contidos da materia. Sen máis, esta é unha opinión miña que non sei se estou no certo de todo ou non pero quería manifestala.
Espero que sigas dando "caña" (aínda que non o dubido) pois todos podemos dar máis do que imaxinamos e ÁNIMOS para seguir fomentando e ensinando a empregar as novas tecnoloxías (pero iso sí, na xusta medida).
SORTE PARA TI TAMÉN.
Parabéns polo premio
Xa ves que eu tamén lle voto un ollo de vez en cando. Creo que estes dous anos me enriqueceron tanto a nivel educativo como persoal, xa que coñecín a persoas marabillosas. O blog foi unha forma moi interesante de aprender a moverme por este mundo de internet, o cal lle tiña un pouco de medo. Agora doume conta que o meu problema era o descoñecemento. Quero enviarvos un saúdo a todos e desexarvos moitísima sorte.Sandra, ti segue así e non cambies nunca.
Publicar un comentario