31/3/09
"ESPANTA-PASTORES" UNHA PLANTA BULBOSA
Publicado por
Julio y Juan Martino
O nome científico é Merendera montana. Os nomes vulgares que ten son Espanta-pastores, quitamerendas, engana-pastores, mataborregos.
Esta especie pertence á familia Liliaceae. É unha especie vivaz sen talo, de tan só 5- 15 cm de alta. As flores e as follas xorden a rentes de chan, a partir dun bulbo pequeno duns 25 x 20 mm, é sólido e está envolvido de 2 membranas de cor marrón avermellada.
A follas aparecen despois das flores, son lineais e miden ata 22 cm. de longo e 8 mm de ancho, son algo pregadas ao longo do nervio central, polo que deixan como unha canle no haz.
As flores son moi vistosas, pois xorden directamente da terra en pastos agostados polo estío, solen ser solitarias.

HÁBITAT
Forma parte de pasteiros de dente instalados en chans secos, convenlle especialmente a nitrificación que se produce nos reposadeiros do gando. Habita dende chans de substrato calcario, ata chans formados por calcarias.
FLORACIÓN
Florece dende finais de xullo ata agosto.
ETNOBOTÁNICA

Na miña terra (Picos de Europa) é coñecido sobre todo en zonas elevadas "Espantapastores indica cando se debe baixar o gando dos portos" tamén a súa floración indica que se esgota o porto e que o gando ten que marchar.
Hai referencias dudosas sobre o seu uso comestible: "Merendina. Buscábanse os bulbos, pelábanse coa navalla e comían crus"
Tamén dise que cando florecen comeza o mal tempo e xa non se pode ir a comer ao campo. É normal ver o campo fozado polos xabarís para comer os seus cormos.
A beleza das súas flores fai que se cultive nos xardíns.
A miña opinión persoal é que é unha planta moi guapa, que dá gusto vela nos portos, con o gando e o monte de faias de colores ocres ala polo setembro. Non ten nada que ver vela no seu sitio natural en comparación con vela en xardíns.
Etiquetas:
Plantas bulbosas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario