29/3/09
PLANTAS BULBOSAS CULTIVADAS EN MACETAS
Entre as plantas de interior podemos incluir algunhas especies de bulbo de cultivo “forzado” .
O forzamento é un dos métodos activadores gracias os cales se logra que as plantas florezan antes da época normal.En calquer día invernal, é moi agradable ter na casa xacintos ou tulipáns floridos que anuncian o retorno da primaveira.
CROCUS.
Planta de 7 a 15 cm ,con bulbo sólido.Follas lineares verdes, a miúdo con unha estría plateada .Flores solitarias ou agrupadas ,en forma de copa alargada ,azuis, malva, blancas, amarelas ,estriadas ou abigarradas.
-Colocación: Nunca copa ,cesto maceta para crocus ou un pequeño centro de mesa ,en grupos de tres ou máis ,ou ben combinados con plantas verdes e floridas.
-Forzamento: En outono , plantaremos os bulbos nunha maceta para crocus ou copa ,nunha mezcla areosa Deixaremolos nun ambiente oscuro e frío ata que os brotes teñan 5 ou 6 cm de altura.
A continuación levaremolos a unha habitación caldeada (16 a 18 ºC) e ben iluminada. As flores apareceran o cabo dunhas semana.
NARCISSUS
Follas lineares ,acintadas e verdes. Flores simples ou dobles, soas ou agupadas, compostas dunha trompeta amarela,anaranjada ou vermella, rodeada dunha coroa de pétalos amarelos ou brancos.
-Colocación: Nunca cesta ou centro de mesa ,en grupos de tres ou máis. Queda moi ben en arreglos de plantas verdes ou floridas.
-Forzamento: En Setembro. Encheremos unha copa de grava ou arcilla expandida ;acomodaremos os bulbos, asegurando a súa estabilidade ,despois regaremos a ras dos mesmos. A continuación deixaremos a copa nun lugar sombrío e fresco durante algunhas semanas.
Cando os brotes midan de 10 a 12 cm, colocaremos a copa frente a unha ventá con luz tamizada .En poucas semanas apareceran as flores co seu agradable perfume.
TULIPA
Follas caulinarias ,de cor verde liso ou con manchas entre marrón e purpura.
Flores simples ou dobles solitarias ou agrupadas, blancas amarelas alaranxadas … estriadas ou abigarradas.
-Colocación: Para copas cazoliñas ou cestas ,son preferibles as variedades pouco desenroladas combinadas con plantas verdes ou floridas. A miúdo é preciso poñerlles un titor, pois os talos tenden a inclinarse baixo o peso das flores.
-Forzamento : En Outubro plantaremos os bulbos nunca mezcla de terra e area .Deixaremolos entre dez e quince días nun ambiente frío e sombrio. Despois levaremos a copa un sitio iluminado as flores apareceran ao cabo dunha semanas.
0 comentarios:
Publicar un comentario