24/2/10
O enxerto de coroa das mans dun especialista
Coincidindo coas prácticas que todos nos realizamos nas práticas do módulo de produción de planta, entre os cales práticamos o enxerto de coroa, encontreime con este video, donde Xosé Sanchez, xerente de OrvisaHouse nos realiza un de estes enxertos.
O enxerto realízase sobre Catalpa, unha especie moi empleada en obras públicas e xardíns, enxertando unha variedade de Chitalpa.
No video podemos ver todo o proceso da realización do enxerto. Nel podemos ver algunhas das técnicas que Xosé emprega, como é o perfilado dos bordes do corte, a utilización dunha cinta biodegradable para o atado do enxerto ou unha parafina elástica que vai protexer o enxerto.
Pero sen dúbida o que máis me chamou a atención foi a fabricación caseira, pero eficaz a vez, de un protector contra os paxaros que realiza sobre o mesmo enxerto, utilizando varas verdes de bimbio. Sen dúbida algunha todas estas técnicas son fruto do traballo diario e da experencia que Xosé foi adquirindo.
Espero que este video vos resulte útil para perfeccionar este tipo de enxerto.
2/12/09
Inxerto de variedades de castaña.
A castaña pasou de ser un recurso pouco usado e en certo modo despreciado xa que supoñía o alimento principal en zonas rurais, a ser considerado como excelente nos mellores restaurantes da actualidade. Por este motivo, a Xunta de Galicia ven de solicitar á Unión Europea a declaración da Indicación Xeográfica Protexida para a castaña galega.
En Galicia existen diferentes variedades de castaña, entre as que cabe significar a AMARELANTE, NEGRAL, RAIGONA, FAMOSA, GARRIGA, presentes sobre todo nos soutos de Lugo e Ourense. Cada unha delas presenta caracteristicas propias tales como a súa cor, falicidade para o pelado,sabor e tamaño. Na maior parte dos casos estes soutos están formados por árbores antigos, e unha forma de manter estas variedades sen perder as caracteristicas propias é o inxertado. Para esta forma de reproducción de especies, existen varias técnicas tales como o inxerto de coroa, de xema, fendedura.
Cada un deles deberemos facelo dependendo da época na que nos atopemos, así,o de xema farémolo polo mes de Agosto e a xema brotará na seguinte primaveira. O de coroa, farémolo a primeiros da primaveira cando o patrón comeza a ter movemento de saiva.
11/11/09
Inxertos de Coniferas

Durante a hora de Xestion e Produccion de Planta encontrei viaxando pola web unha paxina que nos pode ser interesante no cal podemos ver como se realiza o inxerto en coniferas.
Resulta interesante porque nos informa como realizar inxertos en coniferas paso a paso, o listado de varios vastagos e os posibles pes onde se poden inxertara e a época máis favorable para elo.
Apaxina foi realizada por unha alumna chamada María Inés Knudtsen procedente da Universidad de Buenos Aires, Facultad de Agronomía
A paxina é: http://pehuen.tripod.com/Spanishversion.html
A paxina vai quedar insertada en Apuntes Relacionados