24/2/10
O enxerto de coroa das mans dun especialista
Coincidindo coas prácticas que todos nos realizamos nas práticas do módulo de produción de planta, entre os cales práticamos o enxerto de coroa, encontreime con este video, donde Xosé Sanchez, xerente de OrvisaHouse nos realiza un de estes enxertos.
O enxerto realízase sobre Catalpa, unha especie moi empleada en obras públicas e xardíns, enxertando unha variedade de Chitalpa.
No video podemos ver todo o proceso da realización do enxerto. Nel podemos ver algunhas das técnicas que Xosé emprega, como é o perfilado dos bordes do corte, a utilización dunha cinta biodegradable para o atado do enxerto ou unha parafina elástica que vai protexer o enxerto.
Pero sen dúbida o que máis me chamou a atención foi a fabricación caseira, pero eficaz a vez, de un protector contra os paxaros que realiza sobre o mesmo enxerto, utilizando varas verdes de bimbio. Sen dúbida algunha todas estas técnicas son fruto do traballo diario e da experencia que Xosé foi adquirindo.
Espero que este video vos resulte útil para perfeccionar este tipo de enxerto.
0 comentarios:
Publicar un comentario