23/2/10
VIVEIROS DENOY
Publicado por
Mario Melliz
VIVEIROS DENOY
Os alumnos de 2º de Ciclo Superior de Arzúa fixemos o pasado martes, 2 de Febreiro de 2010, unha saída para visitar as instalacións do viveiro Denoy, especializado en producción de camelia, rhododendro e azalea. O citado viveiro está situado en San Esteban del Campo, 15810, Arzúa.
Como viñamos dicindo, Denoy é unha empresa especializada, sobre todo, na multiplicación de camelia, da cal é o maior productor en Europa, ademais da producción de rhododendro e azalea, en menor medida. Esta empresa da traballo a un número aproximado de 22 persoas.
As cualidades que se pretenden acadar nunha planta de camelia para a súa posterior comercializacion, entre outras, son as seguintes:
- O colo debe de ser de inserción baixa.
- Debe de posuír cinco botóns florais como mínimo, para plantas en envase de 1 litro, e 8 botóns para plantas en envase de 2 litros.
O transporte da planta de pequeno tamaño no momento da súa venda faise a través duns carros, os cales son utilizados por todos os productores e compradores para obter unha maior eficacia no momento do transporte, coa fin de levar en cada camión o maior número posible de plantas e optimizar a labor, co cal, o mesmo tempo se aforran cartos, tempo e traballlo. O número aproxiomado de carros que caben en cada camión é de 43. Por outra banda, a planta de gran tamaño transportase a granel.
O viveiro posúe varios invernadoiros con cuberta plástica e con unhas dimensións considerables, distribuídos en función da súa utilidade pola totalidade da superficie do viveiro, o cal conta cunha superficie total de 70 hectáreas, e algún dos cales chega ter ata 1 hectárea productiva, o cal nos da unha idea da capacidade de producción de viveiros Denoy.
Algún dos inconvintes da producción deste tipo de planta, segundo as explicacións do noso guía, é o seu crecemento relativamente lento, o cal provoca que o mantemento da planta no viveiro durante os dous primeiros anos sexa bastante alto e costoso, con escardas periódicas e sulfatados, coa fion de evitar as patoloxías que mais comunmente afectan ás camelias, como son as virosis e a Phitopthora. Coa fin de que todas estas medidas sexan levadas a cabo, o viveiro é obxecto, periódicamente, de revisións sorpresa coa fin de analiza-lo estado do mesmo e evitar a proliferación de enfermidades, plagas, etc. Segundo nos comentaba o persoal do viveiro, estas revisions lenase a cabo cada seis meses, aproximadamente. O viveiro, asi mesmo, ha de ser titular dun pasaporte fitosanitario que o autoriza para a comercialización e producción de planta.
A REGA
A rega en Denoy está distribuída dun xeito totalmente homoxéneo, mediante o emprego de turbinetas de 360º, coa finalidade de otimizala ó máximo e ó mesmo tempo aforrar auga. Precisamente para minimiza-lo consumo de auga na medida do posible, o viveiro conta cunhas canles de recollida de auga, que é almacenada nun punto común, e que volve de novo ó circuíto de rega. O tempo de rega durante o verán é de unha hora ou unha hora e media por día.
O SOLO
O solo dos invernadoiros está cuberto na súa totalidade por malla antiherbas, coa fin de impedir o crecemento de malas herbas e ademais utilizar as cuadrículas marcadas nas mesmas como ferramenta de orientación á hora de colocar as macetas de forma homoxénea por toda a superficie.
PLANTA NAI
Denoy utiliza planta nai producida por eles mesmos como material para obtención de esgallos para a reproducción. Esta planta nai plantase en campo nas proximidades dos invernadoiros donde se realiza o esgallado, e utilizase como tal ata que a planta acada os 15-16 anos de idade, momento no cal é substituída por unha nova.
ARRANCADO DA PLANTA PARA CEPELLÓN
Para levar a cabo esta labor, o viveiro conta con unha máquina de facer cepellóns. Esta máquina conta con diversas cuchillas de diámetros diversos, en función do tamaño do cepellón que se queira acadar. O diámetro do cepellón determina o tamaño e tipo de contenedor que se vai a utilizar. A máquina conta ademais cunha grúa que axuda á hora do manexo da planta. Aínda así, é necesario o traballo de 3 persoas. O arrancado de planta realizase nos meses comprendidos entre Xullo e Novembro. Por outra banda, as podas en campo realizanse 2 veces ó ano.
PANTALLA TÉRMICA
Este tipo de cuberta é utilizada para o aumento da temperatura en 3-4 ºC no cultivo da azalea.
PLAGAS E ENFERMIDADES
A doenza que mais afecta a este tipo de cultivos é a Phitophtora. Para evitala, levanse a cabo distintas medidas, sempre enfocadas cara á prevención:
-Funxicidas: Fosetil cada 21 días.
-Baixada da humidade relativa.
-Labores culturais.
O ESGALLADO
Realizase con material obtido da planta nai do viveiro, e distribúese en bandexas de alveolos de 104 buratos cada unha, o cal fai que poida haber en cada fila ata 8000 esgallos, e mais de 1 millón en toda a superficie do invernadoiro. O cultivo destes esgallos realizase en sustrato que o viveiro compra xa preparado e listo para usar, envolto en plástico negro e tratado con hormonas. Para o mantemento da humidade relativa e control da temnperatura, o invernadoiro destinado ó esgallado conta cun sistema de fog system, ademais do sistema de calefacción de gasoil. A temperatura ideal para o esgallado é de 20-22 graos, aproximadamente. Unha vez que os esgallos enraizan (aprox.2 meses), as novas plantas son transplantadas a macetas de medio litro,actividade que se realiza a mediados de febreiro.
ORIENTACIÓN DOS INVERNADOIROS
Situados sempre en dirección este-oeste, cos fin de aproveitar ó máximo as horas de luz. A superficie non útil dos mesmos é do 4-5% aproximadamente.
A continuacion presentovos unha serie de imaxes tomadas no viveiro, nas cales se observan as partes do mesmo e as tarefas que se realizan.
Etiquetas:
Viveiros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario