23/2/10
VISTA FORMATIVA
Publicado por
couselo
A continuación mostrovos unhas imaxes que tomamos nunha saida organizada polo departamento de Agraria do Ies de Arzua donde fomos a unha finca situada no Concello de Touro Parroquia de Calvos, donde descubrimos unha nova forma de darlle utilidade as terras agricolas abandoadas, nelas podemos facer unha plantación de árbores ornamentais para a posterior venta a viveiros dedicados a xardineria.
Ese día poidemos ver o funcionamento dunha encepellonadora, esta máquina que nos sirve para arrincar planta con moita facilidade gracias a unha coitela que pode ser de varios diámetros, diámetro 40 cm ou 70 cm para árbores máis grandes, unha vez arrincados mediante unha grua (a cal podemos ver na foto mostrada) podemos mover a planta con cepellón con maior facilidade.
Unha vez arrincado o cepellón mediante malla de ferro dulce ( para que unha vez plantada a planta se oxide e se desfaga, a parte aporta ferro a planta, a parte o cepellón está envolto cunha tea.
Desta forma podemos transportar as árbores arrincada a calquer lugar sin lle causar ningún tipo de estrés a planta pois esta e arrancada en parada vexetativa.
As árbores para que non teñan un desenrrolo radicular moi longo e unha raíz pivotante moi profunda, anos antes de realizar o arraigo faiselle un repicado lateral e un de fondo para cortar as raices e o cepellón se desenrrole nun espacio corto, e así nos facilite a operación de arrincado da planta, sin danar moito as raíces da árbore.
Etiquetas:
Visitas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario