24/2/10
Sistema fog-system.
O sistema de nebulización no invernadoiro, consiste nunha técnica coa cal logramos manter unha humidade determinada e constante no invernadoiro, e un incremento na produción e calidade das plantas.
O material que imos necesitar para a instalación de un sistema de nebulización, non é moi complexo, partindo de unha bomba de presión, boquillas de nebulización, e tubería de presión podemos instalar no invernadoiro un sistema que nos ofrece moitas ventaxas. O xeito de funcionamento é por medio da presión que a bomba impulsa á auga, e que ó sair a través das boquillas, rompe as gotas en millóns de partes. O sistema funciona a través de electro-válvulas que se accionan mediante un relé temporizador que nós debemos programar de dous xeitos; intervalo de funcionamento do sistema e intervalo que desexamos que este esté parado. Tamén pode funcionar conectado a unha sonda de humidade, de xeito que o sistema se accione cando se alcanza o nivel de humidade seleccionado.
Un sistema similar é o MIST, que combina a auga a menor presión con aire, o cal fai que a gota se desmenuce, pero non tanto como no Fog-sistem.
Humi-ambiente é unha páxina que ten bastante información deste sistema.
0 comentarios:
Publicar un comentario