24/2/10
viveros Denoy
Viveros Denoy
Viveiros Denoy é unha empresa situada na provincia da Coruña na localidade de Arzúa, a cal fixemos unha visita para coñecer as súas instalacións e para que nos mostraran os seus métodos de traballo.
As primeiras instalacións que nos mostraron son nas que teñen as plantas xa formadas para a súa venta, estas estan preparadas para facilitar a súa carga nos camións.
Nestas nave nos explicaron como debían estar formadas as plantas de camelia para a súa venta .Para ello as camelias(que eran as que tiñan neste momento para a venta) debían ter un único píe, e debía estar o colo da raíz o mais preto posible o chan e presentar botóns florais.As plantas que tiñan un recipiente de 3 l tiñan que ter uns 8 botóns florais e as de 1,5 l tiñan que ter 5 botóns florais para a súa venta,de non ser así,non se empregarían para venta.
Nesta mesma instalacións tiñan a zona de maquinaria na cal atopamos unha maquina de lavado de macetas e unha maquina de empaquetado na cal metían os carrys xa cargados cas macetas e empaquetaban para o seu transporte posterior.
Nas seguintes naves fóronos mostrando cal son os pasos a seguir para poder producir unha planta de calidade,que son os seguintes:
Para conseguir unha boa planta e de calidade comercial cóllense os esqueixes das variedades das plantas nai escollidas e colócanse en alvéolos xa preparados para proceder a colocación dos esqueixes os cales teñen que estar a unha temperatura e humidade alta para que prendan,durante o primeiro ano,estando o mais próximas posible para obrigala a planta que creza e unha vez que forman a raíz son transplantadas a macetas de 0,5 l xa que e mais económica e van a estar mais espaciadas.Despois de un ano nesta maceta son pasadas a macetas entre 1 l e 3l dependendo do seu volume e durante o segundo ano serán podadas e sulfatadas e expostas o sol.
As plantas serán tratadas e coidadas ata os 5 anos que e cando xa teñen o tamaño adecuado para a súa venta.
Estes viveiro teñen unhas instalacións moi preparados para a prevención de pragas e fungos que podan danar a súa producción xa que unha perdida de mais do 2% significa unha gran perdida para empresa aínda que a enfermidade mais grave que teñen e un fungo chamado phytophora o cal daña as raíces da planta e é moi contaxiosa xa que si se encontran algunha planta infectada poden poñer toda a producción en cuarentena, e presenta un gran perigo xa que o vender a outros países poden infectar outras zoas as cales no teñen esta enfermidade. Por este motivo todas as plantas deben ter un transporte fitosanitario. Para evitar o contaxio das plantas fan unha prevención mediante funxicidas durante 21 días.,reducen a humidade con laboreo e saneamento.
Este viveiro e un dos maiores productores de Camelia ,Azalea e Rhododendro xa que teñen unha gran demanda nacional e internacional ,de tal forma que realizan os seus envíos mediante carrys e europlantens dependendo das esixencias dos clientes
0 comentarios:
Publicar un comentario