24/2/10

SAÍDA ÓS VIVEIROS DENOY.

Dentro do módulo de Produción de Planta fixemos unha saída a coñecer o viveiro Denoy que se atopa situado no Concello de Arzúa. Un técnico da empresa estívonos explicando, tanto as instalación do viveiro como a produción de planta que fan.
Os terreos do viveiro teñen unha extensión que ronda as 70ha de superficie, nas cales teñen as infraestructuras propias dos viveiros como os invernadoiros, almacens, pistas, etc, e parcelas nas que colocan as plantas para que desenrolen máis rápido na terra, e tamen as que cumpren o período de permanencia en maceta e non atoparón saída ó mercado para que non ocupen terreo nos invernadoiros.
A maior produción do viveiro está adicada á camelia, rododendro e azalea. Na planta de camelia buscan que o cuello de raíz se atope o mais baixo posible e que a planta teña como mínimo 5 botóns florais, no caso azalea venden tres pés/maceta para que faga un volumen axeitado e non queden ocos. Soena vender en macetas de 1.5 litros de capacidade. Toda a planta que sae do viveiro faino envalada en carris normativizados e numerados de xeito que saben en todo momento onde se atopa ese carri. A planta reprodúcena por esgallado, sometendo o esgallo a unha inmersión lenta (24h) en hormona e colocandos en un taco de sustrato especial, que segundo nos comentou o técnico, aumenta moito o número de esgallos enraizados. A partires de febreiro cambianas a macetas de 0.5l de capacidade. A planta que non sae a mercado necesita maior período de viveiro, o que supón á empresa un maior custe por que ten que ser abonada, podada, etc.
O rododendro plántano en macetas de 2 litros e despois trasládanas ás parcelas para que desenrolen máis rápido na terra.

Teñen especial coidado coa Phytoptora que unha enfermidade fúnxica de cuarentena e que afecta á camelia en especial. Combatena aplicando funxicidas cada mes e controlando a humidade nas instalacións.

Nas parcelas seleccionan dous tipos de plantas, por un lado a que vai sair á venda e por outro as que van servir de planta nai.

Nas instalacións contan con maquinaria variada para reducir os custes da man de obra tales como tractor, encepellonadora, etc e tamén aproveitan toda a auga, tanto a de choiva como sobrantes, que dirixen a unha balsa de almacenaxe de donde posteriormente a volven captar, este é un recurso moi importante, sobre todo no verán, posto que disminúen os recursos hídricos e pola contra é o período no que máis auga necesita o viveiro.

0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks