18/11/08
Feridas que cicatrizan
Publicado por
Natalia Piñeiro
Buscando no baúl dos recordos atopei unha revista Natura número 46 con data de xaneiro de 1987, na que a pesares da súa antigüidade atopei un artigo moi interesante sobre as plantas suculentas. Este tipo de plantas propáganse moi facilmente por propagación vexetativa por división, esgallos ou transplantes. O sistema e bastante sinxelo, xa que so é necesario un simple corte que non danará o crecemento da planta, incluso se desenrolará mellor basalmente e mellorará a súa aparencia. Isto débese a que as plantas suculentas teñen o seu propio suministro interior de auga polo que non lles afecta demasiado una supresión.
No caso da Opuntia e da Echeveria, deben deixarse cicatrizar os cortes antes de plantar as divisións, para ben ser, nunha mestura de area e turba a partes iguais.
No caso dos cactus globulares, poden seccionarse na súa parte superior. Colocase a parte cortada nun lugar aireado e con luz, cóbrese o corte con po enraizador ata que se forme un callo protector sobre a ferida e posteriormente plantarase sen enterralo a moito. A planta nai desenrolará, a partires da primeira división, novos brotes que poden ser cortados e enraizados. Como experiencia persoal, comentar que eu posuía unha Opuntia (Chumbeira) a cal tiña que recortar de forma continuada para non sufrir os continuos espiñazos (debido a que non estaba situada no lugar adecuado). A planta recuperábase perfectamente das súas feridas e as partes cortadas non tiñan ningunha dificultade para enraizar.
Etiquetas:
Plantas suculentas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
mui interesante o post,para que despois digan que o vello xa non vale(dígoo pola revista que empregaches para escribi-lo artigo).Gustoume que nos contaras a túa experiencia persoal sobre o tema
Interesante artigo, pero a tua plantiña puidechela cambiar de sitio en vez de estar continuamente machacando nela, non cres? Aínda que se recupere ben ...con tanto corte ten que sufrir moito.
Saludos
Interesante articulo," o que garda sempre ten " pero estou de acordo con Sandra " muve a planta"
¿ou é que chegusta que te pinche?
Bueno pois decirche que na miña casa pasaba algo semellante cun cactus e tamén optamos por cortarlle partes en lugar de movela (é máis cómodo) asique tes o meu apoyo.
En canto ó artigo moi interesante.
O post está ben, só creo que deberías enlazar máis cando falas da revista natura e tamén das especies crasas. Boa a reflexión persoal, creo que lle poderías sacar un post a esto de colocar as plantas no seu lugar axeitado para que poidan desenrolarse de forma correcta.
¿Sabes o que estaba pensando?
Que si é tan doado multiplicar este tipo de plantas, poderíamos propoñer facer algunhas probas no cole... E si van adiante, penso que no xardín,ou mesmo na nosa clase, poderían quedar ben bonitas.
Publicar un comentario