18/11/08
A agricultura ecolóxica fora da crise
Publicado por
Rocío Sampedro
Parece que a crise non chega o sector da agricultura ecolóxica , ou iso é polo menos o que reflicten os últimos datos; Segundo o rexistro do Consello de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) a superficie inscrita veuse aumentada nun 22,35% por encima do habitual dos últimos anos.
Existen unha serie de factores que propician este crecemento:• A implantación do chamado Contrato de Explotación Sustentable, o programa de axudas públicas establecido pola Consellería de Medio rural para promocionar a produción ecolóxica, que entrou en vigor o pasado mes de Febreiro.
• Segundo os responsables do CRAEGA o paso ó ecolóxico supón para os produtores agrarios un aforro directo importante xa que os custes de produción nestas circunstancias están incrementando moito o prezo, por iso as épocas de crise son xeralmente favorables para este sector.
Fai un ano a superficie existente era dunhas 11.000 hectáreas fronte as 14.000 coas que contan hoxe en día . A finais do 2007 o aumento da superficie controlada foi do 17% aínda que foi unha subida importante , este ano superouse en cinco puntos.
Neste momento o número de produtores do CRAEGA supera o medio millar . Dos 501 inscritos 66 pertencen a industria .Aínda que en menor medida tamén aumenta o número de ecoagricultores dedicados a hortifloricultura , por iso o CRAEGA dedicou o seu espazo na mostra inmaterial que se celebrou en Ourense o pasado fin de semana a Produción da horta.
Por provincias Lugo é a que ocupa o primeiro lugar en número de ecoagricultores.
Etiquetas:
Agricultura ecolóxica
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Pareceme interesante o da agricultura ecolóxica pero ... xa nos puideches decir o da mostra de Ourense antes de hoxe así podiamos ir visitala. Ah, de onde sacaches toda esta información??
Pareceme interesante o da agricultura ecolóxica pero ... xa nos puideches decir o da mostra de Ourense antes de hoxe así podiamos ir visitala. Ah, de onde sacaches toda esta información??
Emocioneime e critiqueite dúas veces. Sinto
Si, estou de acordo con sandra, eu tamén votei en falta polo menos unhas fotos da mostra.
Outra cousa, quizais poderías enlazar con CRAEGA para os que queiran ampliar información...
Polo demais esta ben, ainda que eu discrepo niso de que a crisis non chega o sector, de feito penso que pode ser dos máis afectados.
Gustoume a información pero tamen discrepo no que comentas. Polo que eu sei, os productos ecolóxicos non son precisamente os mais baratos. Ti cres que se o resto dos productos aumentan de precio estes non o van facer tamén? Teremos que agardar para ver o que acontece, non?
De onde sacaches a información?
Eu tamén penso que a crisis chegou a ese sector, e que quizáis co tempo sexa o máis perxudicado. Polo resto pareceme un post interesante.
Saudos:
Interesante estou con Natalia sobre o custos
Paréceme un bo post e a información parece veraz xa que provén do CRAEGA,por certo podias enlazar ca súa páxina.
Con respeto ó título e ó que se di no primeiro parágrafo non estou moi dacordo,penso que como a crise siga así acabará chegando a este sector.
Un saúdo
Está claro o futuro e a agricultura ecolóxica , pena que polo momento os productos sean máis caros cos normales .Todo dependerá se se incrementa a demanda e sobre todo que haxa máis productores.
Publicar un comentario