18/2/10
Funcionamento dunha encepellonadora
Fai duas semanas,poidemos ver como traballaba unha encepellonadora nunha finca, esta máquina ten unha coitela de distintas dimensións e con forma de media lúa. O que fai é cravarse no solo e facer un corte ó redor das raices da árbores creándo un cepellón; a continuación, uns operarios envolvíano nunha tea de esparto para ,posteriormente, apretalo cunha malla de ferro doce.Nestas operacións intervían catro persoas : unha na máquina, dúas manexando a planta e envolvéndolle a tea e a malla e outra, provista dun gancho, para apretar ben a dita malla. A árbore estaría lista para plantar, xa que tanto o esparto como a malla de ferro doce desintégranse en pouco tempo, aportándolle nutrintes a planta.Para levar a cabo todas estas operacións compre que haxa unha certa coordinación entre os operarios, así como, un espacio perfetamnete ordenado para realizar ben o traballo.
0 comentarios:
Publicar un comentario