19/2/10
VIVEIROS DENOY II
Continúo falándovos da nosa visita a Viveiros Denoy
A seguinte parada da visita foi na nave onde están as plantas que serán comercializadas dentro de dous anos. Atopábanse en envases de 1 e 0´5 litros. Nesta nave explicáronnos o difícil equilibrio deste sistema de producción, onde un só pequeno erro pode desbaratar a producción de todo un ano; as marras non deben superar o 2%, se son maiores, as perdas serían desastrosas. Por iso aínda que é moi doado que isto ocorra son moi coidadosos cos detalles, non se poden permitir que unha praga, enfermidade, seca ou xeada afecte ós seus beneficios futuros.
Antes de continuar explicarei por riba o ciclo que seguen estas plantas dende o estaquillado ata a súa venta.
Os esquexes collidos da planta nai pasan o primeiro ano en bandexas de alvéolos (104 plantas por bandexa). O ano seguinte son cambiadas a outras bandexas máis abertas (espaciadas) ou a macetas de 0´5 l. para permitir que tódalas plantas teñan acceso á luz. Durante estes dous primeiros anos son necesarios tratamentos de aboado, sulfatado, podas, control de temperatura e humidade, etc. Pasado este tempo son transplantadas a macetas de 1 litro ou de 0´5 l. Pasan nestes envases aproximadamente un ano e despois as de 1 l. pásanse a macetas de 2 l. e por fin ás de 3 l. onde pasan un ano máis (as veces pasan directamente de 1 l. a 3 l.), despois do cal estarían preparadas para a venta. As de 0,5 litros son transplantadas os envases de 1´5 l.
Isto supón un ciclo de catro anos en invernadoiro.
Unha das maiores ameazas da producción e a Phytophtora, unha enfermidade moi grave contra a que pouco se pode facer unha vez que aparece, excepto eliminar os exemplares danados e por en corentena tódalas plantas que estivesen en contacto. Os síntomas son moi visibles: as follas perden a turxencia e caen flácidas, así que resulta doado detectala. A loita contra a enfermidade baséase na prevención:
-Uso de funxicidas: principio activo Fosetil, cada aproximadamente 21 días
-Reducción da humidade á estrictamente necesaria.
-Un bo laboreo e saneamento.
Todas as plantas que se comercializan neste viveiro teñen o pasaporte fitosanitario que garantiza a súa saúde e calidade.
0 comentarios:
Publicar un comentario