19/2/10
UNHA VISITA MOI MECANIZADA!!!!
Publicado por
Jose Ramón Abeijón
Ola compañeiros, aquí vos deixo un video da visita que fixemos a unha das plantacións que están baixo a tutela da cooperativa "Estelas da Terra."
Nel vemos como os operarios axudados dunha máquina, a cal vai montada sobre o chasis dunha minipala "retro" de eirugas de goma dura, corta a raíz da planta por medio dunha coitela e con axuda dun vibrado. Deste modo a propia máquina que vai manexada por un dos operarios, arrinca a planta co cepellon.
A continuación se a planta ten un peso considerado, esta é erguida pola grúa que a máquina leva acoplada. Axudandose da grúa os operarios centranse en envolver con tela de saco o cepellón da planta, atan con cordel a tela, e despois rodean todo con malla de ferro doce.
Este sistema de traballo mellora o rendemento da cuadrilla a hora de levantar planta en cepellón e o maís importante, que a os propios traballadores se lles fai a labor moito máis levadeira sen romper as costas ca pala, palín e similares.
Con eles apretan o cepellón da planta despois de ser este envolto con tela de saco.
Deste xeito o cepellón non se deforma e conservamos a rices da planta.
O traballo está totalmente esquematizado, cada quen encargase dunha tarefa e o grupo traballa totalmente coordinado.
Os operarios cortando os tramos de tela cos que logo envolverán os cepellón que a máquina vaia cortanto.
Aquí temos o resultado final. O cepellón totalmente envolto ca tela e ca maia, listas para o seu transporte e venta.
Como vemos na imaxe estes exemplares de Acer xa teñen un tamaño considerable, sorte que hoxe en día podemos votar man de máquinas como a do video, as cales facilitan enormemente o traballo.
Como podemos ver nesta imaxe, o marco de plantación non é moi amplio, aproximadamente de 1,5 x 2 metros o que nos dá unha idea da boa maniobrabilidade da máquina.
UN SAUDO A TODOS.....!!!
Etiquetas:
Cepellón,
Maquinaria
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario