16/2/10

Xornadas de Xardinería de Galicia (Ourense)

Xa está aberto o prazo de inscrición para a sexta edición das Xornadas de Xardinería de Galicia, organizadas polo Concello de Ourense 29/01/2010

Por sexto ano consecutivo, a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense organiza as "Xornadas Municipais de Xardinería de Galicia", que veñen sendo un referente no sector do xardín no noroeste peninsular nos últimos anos. Baixo o lema desta edición "Espacios verdes recreativos", debatirase sobre o gran potencial das áreas verdes para a ensinanza, da creación de entornos adecuados para o desenvolvemento dos sentidos, da percepción e da comprensión da sociedade e a naureza.
Asimesmo, terá continuidade unha sección moi ben acollida noutras edicións, "Atlánticos Emerxentes", unha aposta por aqueles técnicos que traballan dende unha esfera local, facendo prantexamentos de interés universal.
As xornadas serán gratuitas e celebraránse os días 19 e 20 de febreiro no Auditorio Municipal. Os interesados poden formular a súa inscripción na Concellería de Medio Ambiente, na Praza de San Martiño 1, 3º ou vía email: zonasverdes.xornadas@ourense.es, antes do 17 de febreiro. Para máis información, consultar a páxina web www.ourense.es ou no teléfono 988 388 135.

0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks