27/1/10

Cermosán S.L.

CERMOSÁN
Maquinaria para horticultura ornamental.



A empresa Cermosán SL é unha empresa valenciana que comezou a súa andadura como especialista na mecanización integral de viveiros no ano 1990, centrándose tanto na fabricación propia como no mantemento de instalacións xa establecidas, especializandose sobre todo no cultivo de planta en maceta. Traballan con marcas moi variadas como poden ser Cermixer, Polaris, Vibromac, Cermiplant, etc.Posteriormente, de despois de chegar a un acordo con dúas empresas fabricantes de maquinaria para viveiros Cermosán abandona a fabricación propia e centrase na distribución de productos das marcas Javo e Tea Projet.



O abano en maquinaria e robotización que esta empresa oferta ós viveiristas é moi variado, e nel podemos atopar productos tan variados como os seguintes:

-Enmacetadoras
-Alimentadoras e mezcladoras de substratos.
-Máquinas para Big-Bale. Son maquinas dispensadoras de substrato envasado polo sistema de Big-Bale. (O Big-Bale tratase dun modo de envase plástico para substratos que posteriormente se van a utilizar en enmacetadoras ou mesturadoras de substratos, que lle aporta comodidade e funcionalidade).
-Sistemas de robotización.
-Transporte interno.
-Cintas transportadoras.
- Nebulizadores eléctricos.
- Dosificadores de abonos solidos.
- Sembradoras.
- Enchedoras de macetas.
-Lavadoras de bandexas.
-Pinzas portamaletas.
Etc.



A empresa, ademais, ofrece ó cliente a posibilidade de elaboración dun estudo e análise previos para establecer as necesidades iniciais en cada proxecto, coa fin de orientalo o mellor posible na posterior posta en práctica e sacarlle asi todo o seu rendemento e productividade.

-Asesoramento técnico: A empresa ofrece a posibilidade de orientación ó viveirista dende antes da constitución do viveiro, encamiñando ó mesmo cara a un proxecto ó máis viable e obxectivo posible. Tamén ofrecen a posibilidade de orientación en caso de adquisición de unha nova máquina en viveiros xa establecidos, coa fin de que o empresario merque a maquina máis axeitada en función das súas necesidades., en funcion da planta empregada, tipo de substrato, etc. A posta en marcha en postventa é outro dos servizos que Cermosán ofrece ós seus clientes.



-Reparación en viveiro: Cermosán, ademais da comercialización, ofrece a posibilidade do mantemento técnico das máquinas en caso de avarías, tanto no propio viveiro como no taller da empresa, ao cal se levará a máquina en caso de que sexa preciso, así como a reposición de pezas de reposto ou de segunda man, con distribución en viveiro de ser necesario, mantemento de equipos antigos, etc.




Para máis información podedes visitar o sitio web da empresa, www.cermosán.com, ou no seu correo electrónico info@cermosán.com.


Cermosán, S.L.
C/ Marqués de Sotelo, 1
46610 Guadassuar (Valencia)
Tel.: +34 962 572 067
Fax: +34 962 571 372

Fontes: www.cermosán.com

0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks