26/1/10
Araña vermella
A araña vermella e unha plaga que non detectada a tempo pode causar moitos problemas nun xardín, pero dadas as condicions nas que se atopan as plantas dentro dun viveiro ( temperaturas altas), esta plaga pode ter efectos devastadores sobre o noso cultivo.
1. BIOLOXÍA
A plaga da araña vermella está causada por moitas especies de arácnidos. Soen ser pequenas de aproximadamente 0.5 a 1 mm.
A plaga non esta presente en especies concretas pois pode infectar a moitísimas especies. Vive no envés das follas alimentándose da saiba da planta. Cando as temperaturas son altas e secas e o momento no que os arácnidos reprodúcense de forma mais numerosa e rápida. Nestes momentos nas colonias soen haber 3 machos por cada femia, e cando a plaga mostrase mais agresiva contra as plantas que infecta.
2. SINTOMAS
Os síntomas da plaga son básicamente un debilitamento xeral da planta con amarelamento das follas e perdida de vigor. Aínda así o síntoma mais claro son as manchas claras que aparecen polo haz e o enves das follas que pouco a pouco van amareleando a planta (exceptuando os nervios) e acaban por secala.
3. TRATAMENTOS
Esta plaga prolifera e se reproduce a un ritmo moi elevado cando as temperaturas son altas e a humidade relativa baixa, co cal si temos un viveiro caseiro una das mellores formas de prevenila o eliminala nos primeiros estadíos e pulverizando as plantas con auga, en un viveiro comercial pulverizar tamén de forma xeneralizada con sistemas como o “Fog Sistem”. Non obstante cando a plaga esta moi avanzada e esto non funciona pódese tratar con algún acaricida que teña como materia activa productos como: DICOFOL, TEDION, CARBOFENOTION….
0 comentarios:
Publicar un comentario