26/1/10

Castaño do país resistente á tinta

É sabido por todos que o castaño do país ( Castanea sativa) conta cun enemigo natural: a Phytophthora cinamonni, máis coñecida como a tinta. Dende fai tempo vense usando híbridos resistentes a enfermidade para intentar evitar a morte das árbores, pero estes híbridos son máis vulnerables os axentes atmosféricos, como as xeadas tardías e non se adaptan tan ben o terreo como o castiñeiro autóctono. Dende fai uns anos a empresa Tragsa no seu viveiro de Maceda (Ourense) ven realizando un estudio para obter clons de castaños do país resistentes a tinta. Para elo buscaron castaños autóctonos con esa resistencia á enfermidade dos que obtiberon material vexetal para traballar sobre el. En colaboración co CSIC de Santiago, conseguiron conservar ese material en nitróxeno líquido ( crioconservación), para a continuación obter, mediante cultivo "in vitro" novas plantas e descartar aquelas que non sobreviviron ó proceso. Cas que quedan inocúlanlle o fungo para comprobar a súa resistencia a enfermidade. Hoxe en día contan con oito clons de Castanea sativa resistentes á tinta e esperan obter máis dos 132 que teñen seleccionados. O seu obxetivo é ter castaño do país resistente a este fungo e nun ano esperáse ter no mercado material cualificado para a súa utilización.
Este traballo de investigación utilizando a crioconservación foi merecedor do premio da Academia Galega das Ciencias.
Como é de supoñer que seguro non vos quedou de todo claro a miña explicación sobre este estudio, déixovos esta reportaxe do programa A Labranza emitido o pasado 24 de xaneiro no que se fala desta investigación.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks