27/1/10
A produción e venda da Poinsettia en Galicia.
Entre os tipos de viveiros que podemos atopar, están aqueles que se adican solo á produción de planta mediante sementeira ou esgallado, e posterior venda para que o engorde sexa realizado por outro profesional. O video que representa isto, foi extraido da páxina web da galega, e mostra o proceso de reprodución da planta de flor de pascua Poinsettia dendo o momento no que realizan o esgallado ata que a planta está lista para a venda a outro viveiro, neste caso a un de engorde. Estes profesionais comentan as distintas fases que pasa a planta no invernadoiro, e as condicións de humidade, temperatura, etc que debe ter para o correcto desenrolo das plantas.
Danlle moita importancia á humidade, posto que é necesaria para o enraizamento dos esgallos, pero ai que ter presentes os problemas que pode xerar sobre todo de fungos. Fala tamén da calefacción que eles aporta ás plantas, e dos tratamentos fitosanitarios que lle fan. Por último, comentar que neste caso, obteñen o material de reprodución por importación dos esgallos, dacordo ás necesidades do mercado en canto a variedades, cor, etc.
0 comentarios:
Publicar un comentario